CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1 votos
Votar | | | |


21-03-2017

Entre todas e todos melloramos os proxectos da CTNL! Participas?

Traballamos en lingua
Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...


Xa sabes que os proxectos melloran cando se planifican e desenvolven colaborativamente, coa participación, opinión e implicación de persoas diversas.

E aquí proxectos non faltan...

Entón, podemos contar contigo?

Para iso, para mellorarmos ou desenvolvermos algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses, imos crear unha serie de grupos de traballo e convidámoste a participar neles:
  • LGx15: coma os dous últimos anos retomaremos esta actividade e gustaríanos que participases planificando, propondo contidos e nomes, ideas de organización e desenvolvemento, etc.

  • Encontro de análise sobre a formación de adultos en galego: logo da xornada desenvolvida no 2012, da que saíu unha Proposta para a mellora da programación e xestión dos Celga, valoramos a pertinencia de actualizar a proposta anterior á realidade laboral actual a través dunha xornada de participación de diversos colectivos: profesorado, técnicos/as de normalización lingüística, institucións... Gustaríache colaborar na organización?

  • Plataforma web para o Viveiro de propostas normalizadoras: queremos crear una versión web do Viveiro de propostas normalizadoras para xestionar a nosa capacidade para xerar ideas e campañas. Axúdasnos a creala?

Cada un destes grupos será coordinado por unha persoa, e nel poden participar todas as que se anoten. Cada grupo poderá ter un funcionamento distinto, a súa propia dinámica, mais, en xeral, aínda que haxa algunha xuntanza física, a idea é que boa parte do traballo se faga a través do correo electrónico, intercambiando ideas, propostas, tarefas, etc. E o tempo que lle dediques será o que ti queiras ou poidas dedicarlle...

Anímaste a participar?


Pois daquela envía unha mensaxe a info@ctnl.gal até o 5 de abril indicando en que grupo(s) queres participar, o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.

Veña, entre todas e todos faremos que estes proxectos saian ben! ;-)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego