CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


0 votos
Votar | | | |


17-05-2017

Tes ideas para promover a lingua?, estás a pensar nunha campaña?, preséntate ao XIV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras
Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo cuarta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para a promoción do galego. Prazo: até as 14.00 h do 27 de outubro de 2017


O XIV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras está convocado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel pode participar calquera membro da tres universidades, ben individualmente, ben en grupo.

MODALIDADES
O premio conta con dúas modalidades, cada unha cun premio diferente

-Campaña normalizadora: deseño dunha campaña que desenvolva unha iniciativa orixinal e que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. A proposta deberá conter un punto de partida, os obxectivos que se perseguen, a metodoloxía que se vai empregar, as actividades que se pretenden desenvolver, a planificación temporal, as persoas implicadas e as que implica e a estimación orzamentaria para o seu desenvolvemento.
Premio: 1.200 euros

-Idea para a promoción do galego: idea que explique razoadamente unha proposta cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do galego no ámbito universitario. Constará obrigatoriamente dun informe razoado sobre a idea, a súa motivación, os seus obxectivos e a súa incidencia social. Poderá acrecentarse ese informe con calquera material ou soporte que complemente, reforce ou desenvolva a iniciativa.
Premio: 800 euros

PARTICIPANTES
O concurso está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), así como aos seus respectivos centros adscritos.
Poderanse presentar todas aquelas persoas que o desexaren de xeito individual ou en grupos. Coa constitución de equipos preténdese favorecer a participación dos colectivos que teñen entre os seus obxectivos pular pola normalización do galego, como as comisións de normalización lingüística, as asociacións estudantís, etc.

PRAZO
Para a presentación de proxectos hai de prazo até o 27 de outubro de 2017 (ás 14.00 h).

Bases e información completa, en .pdf, aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego