CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


0 votos
Votar | | | |


05-06-2017

Bases para a contratación dun TNL no Concello de Cambre

Concello de Cambre
O Concello de Cambre publicou no seu web as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 7 días hábiles desde a publicación do anuncio nun xornal con ampla difusión na provincia.


O Concello de Cambre anuncia un proceso selectivo (concurso-oposición) para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística interino e a elaboración dunha listaxe de reserva para nomeamentos de técnicos/as de normalización lingüística interinos.

FUNCIÓNS DA PRAZA

Executar un programa de carácter temporal e de duración determinada, que consistirá en elaborar un manual básico de documentación administrativa e xurídica e que se realizará nun prazo máximo de 6 meses.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

- licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- grao en Lingua e Literatura Galegas,
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección efectuarase mediante concurso-oposición.

Na fase de concurso valorarase a experiencia laboral, a formación e a superación de exercicios en procesos selectivos.

A fase de oposición consistirá en dous exercicios eliminatorios:

- Redacción por escrito de dous temas de carácter xeral relacionados co programa proposto.

- Suposto práctico relacionado cons contidos do programa.

PRAZO

Será de 7 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria nun xornal de ampla difusión na provincia. O anuncio finalmente publicouse o 6 de xuño en La Voz de Galicia, polo que o prazo de inscrición é do 7 ao 15 de xuño.

TAXAS

A taxa de participación no proceso selectivo ascende a 50 euros.

Poden consultarse as bases, que inclúen o temario, e o modelo de solicitude aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego