CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


142 votos
Votar | | | |


22-12-2017

A Deputación da Coruña publica as bases da convocatoria de subvencións para servizos de normalización lingüística durante 2018

Deputación Provincial da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 19 de decembro de 2017 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2018, dirixida a entidades locais. Prazo para solicitar as axudas: até o 19 de xaneiro de 2018.


A Deputación Provincial da Coruña anunciou unha axuda de 480.000 euros para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais. As bases da convocatoria publicáronse no BOP da Coruña do 19 de decembro de 2017.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria prevé tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística
- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

IMPORTE DAS AXUDAS

O importe total do crédito consignado (480.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa máxima de 12.000 euros. Con este importe financiaranse as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De acordo coa base 7.1 da convocatoria, os prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). A publicación desta convocatoria (en extracto) produciuse o 4 de xaneiro de 2018 e estableceu como prazo do 5 ao 19 de xaneiro de 2018 ás 14:00 horas.

Así mesmo, tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 29 de abril de 2019.

Máis información nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf.
Extracto, en .pdf.

ADDENDAS

- Resolución provisional da convocatoria publicada no BOP da Coruña do 20 de marzo de 2018, en .pdf
- Resolución definitiva da convocatoria publicada no BOP da Coruña do 23 de abril de 2018, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego