CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


95 votos
Votar | | | |


24-01-2018

Enreguéifate medra en Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo

Enreguéifate
O proxecto Enreguéifate, que o Concello de Santiago puxo en marcha o ano pasado para difundir a improvisación oral en verso e en galego, medra nesta súa segunda edición con novas actividades e novos municipios participantes. Os concellos de Ames, Carballo e Teo súmanse á organización do proxecto, que tamén estrea web: http://enregueifate.gal/





Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela, Isabel Vaquero, concelleira de Ames, Marcos Trigo, concelleiro de Carballo, e Pilar Faxil, concelleira de Teo, presentaron hoxe en rolda de prensa o proxecto, xunto con Manolo Maseda, un dos impulsores do festival Regueifesta. O programa Enreguéifate ten o obxectivo principal de revalorizar e actualizar a regueifa e o seu aproveitamento para a posta en valor da lingua, polo seu enorme potencial como ferramenta para animar os mozos e mozas a se expresaren na nosa lingua.

SEGUNDA EDICIÓN CON NOVAS ACTIVIDADES

Enreguéifate mantén as dúas actividades xa desenvolvidas o ano pasado: o certame de regueifas en vídeo, que será convocado nas próximas semanas, e o festival Regueifesta que se celebrará o 2 de maio no Auditorio de Galicia. A esas suma dúas accións novas: unha xornada de formación para docentes que terá lugar en Carballo e xornadas de formación para o alumnado en cada un dos catro concellos participantes.

FORMACIÓN PARA DOCENTES E OUTROS COLECTIVOS

O proxecto Enreguéifate incorpora unha xornada formativa para o profesorado, co obxectivo de fomentar e aproveitar o potencial das regueifas como ferramenta educativa. Esta actividade estará organizada polo Concello de Carballo, terá lugar o 17 de febreiro e o prazo de inscrición remata o día 8 de febreiro.

A matrícula é gratuíta, e solicitouse á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que a asistencia sexa homologada como actividade de oito horas de formación permanente do profesorado. Como profesores exercerán regueifeiros como Alba María, Manolo Maseda ou Sechu Sende, que ao remate da xornada formativa participarán nunha foliada aberta na taberna O Mexillón de Carballo.

O 70% das prazas están reservadas para profesorado en activo, de centros públicos ou concertados, aínda que tamén poden participar estudantes e comunidade educativa en xeral interesada en traballar coa improvisación oral como ferramenta educativa, técnicos/as de normalización lingüística, dinamizadores/as sociais e culturais e outras persoas interesadas.

FORMACIÓN PARA O ALUMNADO

Ademais, o proxecto Enreguéifate inclúe tamén xornadas de formación para o alumnado dos centros de ensino dos catro concellos participantes: Santiago, Ames, Carballo e Teo.

Nestes obradoiros, os rapaces e rapazas poderán aprender métodos de improvisación oral e coñecerán tamén a rede de revitalización da regueifa que existe en Galicia entre a xente nova. Ademais, traballarán a expresión en galego a través das regueifas, e reflexionarán sobre os prexuízos que adoitan aparecer nesta e noutras expresións artísticas, nomeadamente no ámbito do xénero e do sexo.

CERTAME ENREGUÉIFATE

Desde o 5 de marzo e até o 15 de abril está convocada a segunda edición do certame Enreguéifate.

Para participar, cómpre enviar un vídeo dunha duración máxima de tres minutos onde aparezan polo menos dúas persoas regueifando. Haberá premios en dúas categorías, escolar e xeral, e en cada unha delas premiaranse a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.

Os galardóns serán simbólicos, e entregaranse no transcurso da Regueifesta, que se celebrará o 2 de maio no Auditorio de Galicia.

Inscrición e bases do certame Enreguéifate aquí.

REGUEIFESTA

O festival Regueifesta constitúe un punto de encontro de escolares de todo o país arredor da improvisación oral en verso. Nel tamén participará alumnado procedente de Euskadi que dende hai varios anos mantén relación co proxecto Regueifesta para establecer unha ligazón entre a regueifa e o bertso, e por primeira vez haberá unha representación de Cataluña.

Un dos impulsores do festival é Manolo Maseda, quen explicou que despois do éxito da edición do ano pasado cun Auditorio que quedou pequeno, este ano haberá un dobre pase para acoller a maior cantidade posible de rapaces e rapazas chegados de toda Galicia. Maseda defendeu a utilización da regueifa como recurso didáctico que permite ensinar coa emoción e loitar contra o desleixo da rapazada en relación coa lingua.

Toda a información sobre as actividades vinculadas ao proxecto Enreguéifate pódese atopar no novo web, onde se difundirán as bases da convocatoria do II certame Enreguéifate. Ademais, no web xa se poden ver os vídeos gañadores da primeira edición de 2017.

Programa da xornada formativa do 17 de febreiro, en .pdf.

Inscrición para a xornada formativa aquí.

Web de Enreguéifate

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego