CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


21 votos
Votar | | | |


20-02-2018

Convocatoria de subvencións para dinamización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra

Deputación Provincial de Pontevedra
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de onte publicáronse as bases que rexerán as subvencións para a dinamización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia de Pontevedra. O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 21 de febreiro e finalizará o 16 de marzo de 2018.


Coma en anos anteriores (2016 e 2017), a Deputación Provincial de Pontevedra convoca dúas liñas de subvencións para a dinamización lingüística dirixidas ás entidades locais da provincia:

a) Creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística (SNL), tanto para entidades locais individuais como para agrupacións de concellos.

b) Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos ou entidades locais menores da provincia que non soliciten para o SNL.

A CTNL valorou negativamente o mantemento destas dúas modalidades de axudas, pois non favorece a creación de unidades técnicas que planifiquen, xestionen, executen e avalíen accións e programas de normalización lingüística.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Concellos, agrupacións de concellos ou entidades locais menores da provincia de Pontevedra de ata 50.000 habitantes.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

Na convocatoria deste ano, a Deputación Provincial de Pontevedra detallou os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publicou unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (base segunda da convocatoria).

REQUISITOS PARA ACCEDER ÁS SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS

As solicitudes para programas de dinamización lingüística deberán abranguer accións polo menos en tres dos seguintes eidos:

• Ensino, primando a colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística (ENDL) dos centros educativos.

• Comercio e industria, promovendo o uso do galego nas actividades comerciais ou industriais.

• Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), primando a consecución do dominio .gal.

• Turismo, destinadas á promoción turística no ámbito galego, nacional e internacional poñendo de relevo a relación cos países lusófonos.

• Premios e distincións dende os concellos ao labor de fomento do galego entre persoas e colectivos veciñais, deportivos, culturais e/ou ecoloxistas. Apoio á creación en lingua galega, con prioridade nos ámbitos onde estea menos presente.

• Urbanismo e medio natural: adecuación e adaptación da sinalización á toponimia oficial de elementos urbanos e naturais.

• Benestar social e igualdade: accións encamiñadas á dinamización do galego en colectivos como a mocidade, as persoas maiores e as mulleres, así como aqueles que estean en risco de exclusión social.

Como novidade nesta convocatoria, as entidades que accedan a este segundo tipo de axudas deberán presentar un proxecto orzado en máis de 3.000 euros e comprometerse a aprobar durante 2018 unha ordenanza ou regulamento de normalización lingüística (os concellos que aínda non dispoñen deste texto legal).

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas aumentou de novo este ano e neste exercicio é de 300.000 euros.

A Deputación achegará a cada entidade ou agrupación de entidades solicitante un 75% do orzamento de gastos do SNL, até un máximo de 15.000 euros (categoría a).

No caso das axudas para a promoción e dinamización do galego a institución provincial achegará un 75% do orzamento de gastos até un máximo de 8.000 euros (categoría b).

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria (BOP do 20 de febreiro), é dicir, iníciase o 21 de febreiro e finaliza o 16 de marzo de 2018.

As solicitudes entregaranse nas diferentes sedes do Rexistro Xeral da Deputación ou a través de calquera das forma previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 15 de febreiro de 2019.

Bases en .pdf. (BOP do 19 de febreiro de 2018)

Extracto en .pdf. (BOP do 20 de febreiro de 2018)

ADDENDA:
Resolución da convocatoria, en .pdf (BOP do 19 de xullo de 2018)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego