CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


14 votos
Votar | | | |


14-03-2018

Grazas ás túas achegas o traballo da CTNL mellora! Anímaste a participar?

Traballamos en lingua
Tes unha chea de propostas e ideas que contribuirán a mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...


Ben sabes que os proxectos melloran cando se planifican e desenvolven colaborativamente, coa participación, opinión e implicación de persoas diversas. E na CTNL proxectos non faltan...

Entón, podemos contar contigo?

Para iso, para mellorarmos ou desenvolvermos algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses, imos crear unha serie de grupos de traballo e convidámoste a participar neles:
  • LGx15. Ideas para o futuro da lingua: retomamos por cuarto ano consecutivo esta actividade e gustaríanos que participases planificando, propondo contidos e nomes, ideas de organización e desenvolvemento, etc.

  • Elaboración dunha proposta de temario específico para procesos selectivos de TNL: con esta proposta procuraremos máis unificación nos procesos selectivos e unha maior adaptación dos temarios ao traballo que se desempeña nun servizo de normalización lingüística. Se tes experiencia no traballo en servizos de normalización lingüística e queres axudar a elaborar esta proposta, inscríbete.

  • Creación dun premio que recoñeza accións, programas, proxectos, etc. de normalización lingüística: esta proposta busca recoñecer e divulgar experiencias do traballo de normalización lingüística, para coñecermos mellor como se deseñan e se desenvolven, dar unha imaxe positiva deste labor, marcar modelos de accións e difundir o traballo que se realiza a prol da lingua galega.

Cada un destes grupos será coordinado por unha ou varias persoas, e nel poden participar todas as que se anoten. Cada grupo poderá ter un funcionamento distinto, a súa propia dinámica, mais, en xeral, aínda que haxa algunha xuntanza física, a idea é que boa parte do traballo se faga a través do correo electrónico, intercambiando ideas, propostas, tarefas, etc. E o tempo que lle dediques será o que ti queiras ou poidas dedicarlle...

Anímaste a participar?

Pois daquela envía unha mensaxe a info@ctnl.gal ata o 4 de abril indicando en que grupo(s) queres participar, o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.

Veña, entre todas e todos faremos que estes proxectos saian ben! ;-)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego