CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


13 votos
Votar | | | |


21-03-2018

Vídeos didácticos da USC, novo recurso para a docencia e a divulgación

Colección Vídeos USC
A natureza ondulatoria da luz, Que é unha constitución, Illando a diversidade, Os ósos están vivos... Estes son algúns dos títulos cos que bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC, unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela que pretende colectar unha serie de pezas audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación ao tempo que crear novas oportunidades de comunicación para o profesorado e o alumnado universitario.


A Universidade de Santiago de Compostela acaba de presentar o recurso Colección de Vídeos Didácticos da USC, que se estrea cunha ducia de vídeos, cunha duración media de entre 8 e 10 minutos, pero que conta xa con outros en etapa de produción. Esta é unha actividade aberta a todas as áreas de coñecemento que seguirá medrando con novas incorporacións.

A colección presentouse nun encontro cos medios de comunicación no que interviñeron o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, e os docentes Roberto Blanco Valdés e Ana Otero Casal, que son autores de dous dos primeiros vídeos incorporados á colección. Manuel Núñez enumerou algúns dos aspectos que achegan valor engadido este recurso, como son o propio carácter repetible dos vídeos, a súa permanente dispoñibilidade a través da rede e o poder de difusión do formato audiovisual. Máis alá do formato, o responsable do Servizo de Normalización Lingüística resaltou que outro dos puntos fortes da colección atópase no rigor e no aval científico de cada docente e investigador/a que colabora no desenvolvemento da colección.

A transmisión do coñecemento en formato vídeo permite cambiar o xeito de ensinar, afirmou Ana Otero Casal, quen destacou o valor dos novos soportes de información xa que, na súa opinión, “non podemos pechar os ollos a como se adquire e transmite a información”. Fronte a décadas pasadas, “a información agora está accesible de xeito que a función docente ten que ser distinta. Agora temos máis liberdade e podemos traballar para fomentar o espírito crítico do alumnado, debater e buscar exemplos”. Tamén Roberto Blanco Valdés louvou o carácter pioneiro da proposta do Servizo de Normalización Lingüística e subliñou a posta en valor que permite dotar “dunha masa crítica excepcional, de altísimo valor”. O catedrático de Dereito cualificou as pezas da Colección como “un instrumento excepcional que oferta en galego material de alta calidade”.

Esta iniciativa xunta no seus obxectivos a posta en valor do saber e do talento científicos coa promoción da lingua galega na docencia virtual e preséntase como un soporte de comunicación que trata de espallar o coñecemento máis alá das aulas e dos laboratorios universitarios para achegarse tanto ao alumnado como ao posible público interesado nas temáticas propostas. Como explicaron na presentación aos medios de comunicación, os contidos xa dispoñibles na web permiten mostrar o talento ao servizo da sociedade que se pode atopar na Universidade para que non quede recluído nas aulas. Esta Colección retorna para un público interesado coñecemento con vocación didáctica disposto a ser consumido en múltiples soportes.

Á oferta inicial de pezas audiovisuais xa producidas o Servizo de Normalización espera ir incorporando paulatinamente novas propostas de todas as áreas de coñecemento, nas cales os seus protagonistas serán docentes e persoal investigador tanto de longa traxectoria na institución académica compostelá como os/as que se atopan nas primeiras etapas da carreira universitaria, xa sexan do Campus de Lugo como do de Santiago de Compostela.

Canle de YouTube do SNL da USC

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego