CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


20 votos
Votar | | | |


21-03-2018

XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo
O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con nove medios de comunicación escrita, convoca a décimo cuarta edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O prazo de admisión de artigos estará aberto até o 20 de abril.


O Concello de Carballo convoca este premio cos seguintes obxectivos:

- incentivar a reflexión sobre a situación social da lingua galega,
- crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do noso idioma e
- promover o seu uso na prensa.

CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS
Os artigos serán de opinión e inéditos, deberán estar escritos en galego e deberán ter entre 1800 e 3300 caracteres con espazos incluídos. Neles deberase tratar algún tema sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu status, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística, etc. Deberán contar cos trazos máis significativos do estilo xornalístico: estilo breve e directo, linguaxe xornalística, capacidade de incidencia no público, etc.

PREMIO
Outorgarase un único premios de 1250 euros. Alén disto, o artigo gañador publicarase nos nove medios de comunicación colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
A recepción de traballos abrirase ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). O último día para presentar artigos será o 20 de abril de 2018.

Os artigos presentaranse nun sobre grande pechado, deberán estar asinados cun pseudónimo e neles non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autora ou autor. Dentro do sobre grande incluiranse catro copias do artigo e tamén un sobre pequeno pechado que levará escrito por fóra o título do artigo e o pseudónimo da súa autora ou autor. No interior dese sobre pequeno, para non poder ser visto, figurará o nome e apelidos do/a autor/a, o enderezo completo, o número de teléfono, o enderezo electrónico, un breve currículo ou presentación de tres ou catro liñas, o título do artigo e o pseudónimo utilizado.

Poderán presentarse no rexistro do Pazo da Cultura de Carballo (horario: de 11.00 a 13.30 h), por correo certificado ou de calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No remite debe sinalarse o pseudónimo empregado e na parte dianteira do sobre:

XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018
Pazo da Cultura, 1.º andar
Rúa do Pan, s/n

15100 Carballo

En edicións anteriores foron premiadas/os autoras/es como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás, Luz Cures Vázquez, Borxa González Tenreiro ou a médica Iria Veiga, na última edición. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, grazas á publicación e difusión por todos os medios colaboradores cada ano.

As bases completas foron publicadas no BOP da Coruña do 21 de marzo e tamén se poden consultar no web do Concello de Carballo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego