CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


0 votos
Votar | | | |


09-04-2018

Aprobada a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada

Concello da Estrada
O Concello da Estrada acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP de Pontevedra de hoxe.





O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 9 de abril de 2018 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada.

Este texto do consistorio estradense declara o galego, como lingua propia propia do Concello da Estrada, idioma oficial de uso do Concello. Daquela, será o idioma que empregará en todas as súas actuacións administrativas, na documentación interna e de relación coa cidadanía, na comunicación social, e nas relacións con todas as entidades situadas en Galicia, alén do seu uso tamén, xunto co castelán, con institucións públicas de fóra do ámbito lingüístico galego.

Este texto legal ten ten 26 artigos distribuídos en 12 capítulos, ademais dun anexo que recolle a toponimia oficial do municipio. Ao longo do articulado, regúlase o uso oficial do galego, o ámbito de aplicación, o uso do galego na organización municipal, as relacións coas/cos administradas/os, as relacións institucionais, os avisos, publicacións e actividades públicas, a atención ao público, a toponimia, sinalización e rótulos, a selección, provisión e reciclaxe de persoal, e o fomento do uso do galego.

O servizo de normalización Lingüística (SNL)
O artigo 2.4 recolle que o Concello da Estrada "manterá un servizo de normalización lingüística co obxectivo de dar pulo á normalización do galego". As funcións deste servizo veñen recollidas ao longo do articulado: función de asesoramento lingüístico (art. 15), asesoramento na selección de persoal (art. 23), formación sociolingüística (art. 24) e dinamización lingüística (art. 26).

Na actualidade o Concello da Estrada ten aberto un proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de normalización lingüística.

Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego