CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


238 votos
Votar | | | |


30-04-2018

A quen che gustaría oír no LGx15 deste ano? Proponnos candidatas/os!

LGx15
Lembras como foi a edición do ano pasado do LGx15?, e a de 2016?, e a primeira? Na CTNL xa comezamos a organizar a edición deste ano e queremos saber a túa opinión para decidir o programa. A quen che gustaría ter no escenario do LGx15 de 2018? Envíanos as túas propostas ata o 22 de maio a info@ctnl.gal e terémolas en conta para deseñar o programa definitivo.


No vindeiro mes de novembro temos unha nova cita co LGx15. Ideas para o futuro da lingua, o evento que organizamos desde a CTNL para transmitir dunha maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Xa levamos tres edicións grazas a ti, que asistiches a algún dos espectáculos na Sala Capitol ou compartiches nas redes ou empregaches nas aulas as ideas, experiencias e propostas das persoas que participaron nas edicións anteriores.

Este ano queremos coñecer a túa opinión desde xa, desde o momento de comezarmos a organizar a nova edición. Como nos podes dar ideas? Suxeríndonos persoas que, segundo o teu criterio, poderían subir ao escenario do LGx15 e contarnos as súas propostas, reflexións e argumentos para influír no futuro do uso e prestixio do galego e/ou nas actitudes e comportamentos lingüísticos.


Ocorréronseme algunhas persoas idóneas para intervir no LGx15, como fago a proposta?

É moi sinxelo. Só cómpre enviares unha mensaxe de correo electrónico a info@ctnl.gal coa seguinte información:

- O nome e apelidos da persoa/s que nos suxires para intervir no LGx15
- O tema ou os temas que cres que podería/n abordar


É necesario que contacte coa/s persoa/s que vou suxerir antes de enviar a súa candidatura?

Non é necesario. Será a organización do LGx15 a que se porá en contacto coas persoas escollidas para convidalas a intervir no evento deste ano.


Que prazo hai para enviar propostas?

Para podermos ter en conta as túas propostas no programa deste ano, é necesario que nolas fagas chegar ata o 22 de maio.


Que ocorrerá coas propostas enviadas?

O equipo de traballo do LGx15 teraas en conta para elaborar o programa definitivo da edición deste ano, de acordo con criterios de variedade, orixinalidade ou interese de temas.

Entón? Axúdasnos a programar o LGx15 coas túas preferencias?

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego