CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


1 votos
Votar | | | |


30-05-2018

Este verán... en Carballo estaremos traballando na calidade da lingua

Traballando na Calidade da Lingua
Chega un novo curso de verán organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Carballo e da CTNL. Este ano non tratará sobre dinamización lingüística, senón que se dedicará á análise da calidade da lingua e a facer propostas e divulgar ferramentas de mellora. Será no Fórum Carballo o 18 e o 19 de xullo. A matrícula está aberta até o 15 de xullo.







O Curso de Verán Traballando na Calidade da Lingua centrarase na calidade no uso da lingua, en como potenciarmos unha lingua de calidade e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos, cal o ensino, a tradución, as novas tecnoloxías etc. As sesións constan de palestras, mesas redondas e obradoiros prácticos en que se analizan cuestións fonéticas, gramaticais, fraseolóxicas, textuais etc., de forma a aprimoraren o uso oral e escrito da lingua galega. Alén disto, tamén se dedican sesións destinadas a reparar na importancia dun galego de calidade nos medios audiovisuais en xeral e tamén no ámbito do humor en particular.

OBXECTIVOS

- Analizar o que distingue unha lingua de calidade doutras variedades e usos lingüísticos.

- Dar a coñecer e avaliar experiencias que camiñan no fomento da calidade da lingua desde diversos ámbitos e en como a calidade lingüística pode coadxuvar no proceso de normalización do idioma.

- Propor medidas para mellorar a utilización da lingua galega, cando menos no ámbito público.

PERSOAS DESTINATARIAS

Persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, tradutores/as, correctores/as, estudantado etc.

INSCRICIÓN ABERTA, CON PRAZAS LIMITADAS E DESCONTOS PARA SOCI@S DA CTNL

O prazo de matrícula neste curso está aberto até o 15 de xullo de 2018, e o número de prazas está limitado a 65 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición.

O prezo xeral do curso é de 50 €, mais o estudantado de calquera universidade, a comunidade universitaria da UdC, as persoas desempregadas e os/as socios/as da CTNL teñen unha tarifa reducida de 30 €. Este prezo inclúe, ademais de todas as actividades e material do curso, os cafés conxuntos e os xantares dos dous días.

A matrícula débese facer a través da Oficina de Cursos da UdC.

ONDE É O CURSO?

O curso terá lugar no Fórum Carballo, praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña (situación en Google Maps).

PROGRAMA

O programa e a información completa do curso, alén de posibilidades de aloxamento, poden consultarse no web www.traballandoenlingua.gal. Así mesmo, podes estar atenta/o á páxina de Facebook do curso ou ás redes sociais da CTNL.

Programa completo en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego