CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8 votos
Votar | | | |


05-06-2018

Informe sobre as competencias da Administración local en materia de normalización lingüística

Rolda de prensa para presentar o informe, fotografía SXPL
Esta mañá presentouse na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o documento titulado Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia. O informe, elaborado pola Dirección Xeral de Administración Local, determina que “tanto a Xunta de Galicia como as entidades locais de Galicia teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística”.


O Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia é unha resposta ás dúbidas das administracións locais en relación coa súa competencia en materia de normalización lingüística: se é propia, se está delegada pola Xunta de Galicia ou se é exclusiva da propia Administración autonómica. Tras analizar a lexislación en materia de lingua galega que afecta as entidades públicas (nomeadamente o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei de normalización lingüística, a Lei de Administración local de Galicia e a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias), o informe conclúe que a normalización da lingua galega é unha competencia tan propia da Administración autonómica como da Administración local.


Informe elaborado a pedimento da CTNL

A partir da crise económica e da aprobación de diversas leis de contracción do gasto (Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, e a Lei 5/2014, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da lei estatal anterior), as intervencións e secretarías dos concellos comezaron a elaborar informes sobre duplicidade de competencias e sustentabilidade financeira. Estes documentos condicionaban a contratación de técnicos/as de normalización lingüística e, polo tanto, a creación de servizos de normalización lingüística (SNL) ou o reforzo dos xa existentes, pois interpretaban que a normalización da lingua galega, ao non estar recollida na relación de competencias municipais propias do artigo 25 da Lei das bases do réxime local, era unha competencia só da Administración autonómica. Daquela, que a exercese unha administración local suporía duplicar competencias, algo que estaba prohibido polas leis citadas a menos que non se puxese en risco a sustentabilidade financeira municipal.

Esta interpretación restritiva das competencias municipais cuestiona todo o traballo en normalización da lingua galega que se desenvolve desde as administracións locais, entorpece o traballo normal dos SNL e impide –ou cando menos dificulta– a creación e estabilización de novos SNL, que son os departamentos técnicos encargados de impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua desde as entidades públicas. É dicir, gobernos municipais que poderían desenvolver un labor de promoción do uso e do prestixio da lingua por medio dun departamento técnico de normalización lingüística vense pexados por este tipo de informes que impiden a contratación de persoal técnico ou que a condicionan a que sexa efectiva unha axuda externa (por exemplo, das deputacións da Coruña ou de Pontevedra ou da propia Xunta de Galicia).

Ante esta situación, a CTNL decidiu formularlle o problema á SXPL co obxectivo de buscar unha solución. Ambas as entidades eramos conscientes de que eses informes partían dunha interpretación restritiva das competencias municipais, pois as que teñen que ver coa normalización da lingua galega non están recollidas na Lei das bases do réxime local, senón no Estatuto de autonomía (que fala en xeral da responsabilidade dos poderes públicos para potenciar o uso do galego), e de forma moi diáfana no artigo 25 da Lei de normalización lingüística (as corporacións locais “fomentarán a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras”).


Un informe para resolver dúbidas e unificar criterios interpretativos

Para solucionar o problema, tanto a SXPL como a CTNL consideramos que era necesario esclarecer, a través dun informe xurídico, todo o relacionado coa competencia da Administración local en materia de normalización lingüística. O resultado é o texto que se presentou hoxe, que deixa patente que a normalización da lingua galega é unha competencia propia tanto da Administración autonómica como da local. En consecuencia, que as entidades locais exerzan esta competencia a través das fórmulas que consideren máis efectivas non require informes de duplicidade de competencias nin de sustentabilidade financeira.

Para difundir o informe entre as administracións implicadas, a Dirección Xeral de Administración Local enviarállelo a secretarios e secretarias das entidades locais e aos responsables políticos a través da Fegamp, entidade que tamén foi informada sobre o texto na Comisión Galega de Cooperación Local reunida o pasado 7 de maio.

Esperamos que este documento sirva para mellorar o traballo en normalización lingüística desde as administracións locais, ás cales recomendamos exercer con eficacia a competencia que lles é propia por medio de departamentos técnicos que planifiquen, xestionen, executen e avalíen accións para promover o uso e o prestixio da nosa lingua.

Informe completo, en .pdf


Ligazóns relacionadas


Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego