CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


17 votos
Votar | | | |


17-10-2018

A CTNL solicita ao Concello de Val do Dubra que non suprima a praza de TNL da súa RPT

Concello de Val do Dubra
O Concello de Val do Dubra acaba de anunciar a aprobación inicial da modificación da súa relación de postos de traballo. Nela suprime a praza de técnico/a de normalización lingüística para transformala nun posto de técnico/a de Administración xeral. A CTNL pídelle que recúe nesta decisión, que supón a eliminación do SNL propio despois de 15 anos de existencia.


O Concello de Val do Dubra conta desde o ano 2002 cun servizo de normalización lingüística propio estable dotado dun posto técnico de persoal funcionario. Con todo, nos últimos anos esta praza estivo vacante en períodos máis ou menos longos de tempo, nunca foi cuberta e na actualidade continúa sen ocupar.

No BOP da Coruña do 28 de setembro de 2018, o Concello de Val do Dubra anunciou a aprobación inicial da modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Un dos cambios da RPT é a transformación da praza de técnico/a de normalización lingüística e apoio á Secretaría, existente desde 2002 e vacante desde hai máis dun ano, nunha praza de técnico/a de Administración xeral, por tanto, nun posto sen funcións de asesoramento na política lingüística municipal nin de dinamización lingüística. Isto supón na práctica a supresión do servizo de normalización lingüística propio do Concello de Val do Dubra logo de máis de 15 anos de existencia, pois desaparece da RPT o posto técnico que o sostén.

As entidades locais de Galicia teñen entre as súas competencias a normalización lingüística, é dicir, a promoción do uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos de influencia da entidade. Así o aclararon recentemente a Dirección Xeral da Administración Local e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, mediante a redacción e difusión do Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia.

As ferramentas de traballo das administracións públicas para exerceren as súas funcións son os equipos técnicos especializados, tanto no departamento de urbanismo ou no de servizos sociais como no de lingua. É imprescindible un departamento técnico ou SNL estable, dotado de persoal e orzamento suficiente para analizar a situación da lingua na entidade local, no municipio ou na comarca, asesorar a entidade en política lingüística e para planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística que interveñan nas áreas prioritarias onde o galego perde prestixio ou utilidade. En definitiva, os servizos de normalización lingüística son necesarios para que os concellos poidan exercer de forma eficaz as súas competencias en normalización lingüística.

A supresión desta praza supón un retroceso no traballo de normalización lingüística no Concello de Val do Dubra, pois a entidade local renuncia a exercer as súas competencias a través dun servizo propio e estable.

A CTNL solicita ao concello que reconsidere a súa decisión e que, en lugar de eliminar a praza de técnico/a de normalización lingüística, opte por cubrila para continuar tendo un servizo de normalización lingüística propio e estable, como nos últimos 15 anos.

Escrito dirixido ao Concello de Val do Dubra, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego