CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1180 votos
Votar | | | |


26-06-2008

Grave incumprimento de Política Lingüística coa non creación do Consorcio para a Planificación Lingüística

CTNL
A Secretaría Xeral de Política Lingüística incumpre todos os acordos e paraliza a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística despois de ser anunciado en repetidas ocasións, de estar previsto nos orzamentos da Xunta de 2007 e de 2008 e de ser presentado e aprobado no Parlamento.

A CTNL informará ao presidente da Xunta do malestar por este feito e pediralles aos tres grupos parlamentarios que controlen a acción executiva da secretaria xeral, Marisol López, ante o incumprimento dun mandato parlamentario e ante a non execución dos orzamentos para o que foron aprobados.




A pesar de incluírse a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística nos orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística en 2007 e en 2008, de incluírse no programa operativo desa SXPL, de serlle presentado a concellos e deputacións, de ser anunciado publicamente en repetidas ocasións e de instar o Parlamento á SXPL á creación dese organismo, a secretaria xeral, Marisol López, confirmoulle recentemente á CTNL que decidiu paralizar tanto o Consorcio para a Planificación Lingüística como o Consorcio de Terminoloxía, incumprindo así un acordo parlamentario, desviando para outras accións os fondos dos orzamentos que aparecen vinculados á creación deses organismos, incumprindo o plan operativo presentado no Parlamento galego e incumprindo a súa palabra en contactos, xuntanzas, presentacións e negociacións con colectivos, concellos e deputacións.

O obxecto do Consorcio para a Planificación Lingüística sería o do impulso institucional e social do uso da lingua galega, co fin de acadar para esta máis presenza na nosa comunidade e máis espazos de uso nos diferentes sectores sociais. Para iso, crearíase unha estrutura estábel da que dependesen os servizos de normalización lingüística, con órganos de decisión nos que participarían as distintas entidades consorciadas. Este fora o compromiso adquirido por Política Lingüística.

A creación deste organismo foi incluída nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2007 e no Programa operativo dese mesmo ano da SXPL, presentado no Parlamento galego o 7 de marzo de 2007. Logo iniciouse unha rolda de presentacións ás deputacións e concellos das cidades galegas, con continuas informacións públicas, tanto no web oficial da Xunta como en distintos medios de comunicación ao longo de todo o ano. Ademais, no debate de política xeral sobre a situación política de Galiza, que tivo lugar o 3 de outubro de 2007, o Pleno da Cámara aprobou unha resolución na que se instaba á Xunta a promover «unha estratexia de coordinación da planificación lingüística nos distintos ámbitos territoriais de Galicia, a través do Consorcio para a Planificación Lingüística, co que se lle dará un impulso institucional e social ao uso, ao coñecemento e á divulgación da lingua galega nos diferentes sectores sociais».

Coa non creación deste organismo, Política Lingüística segue a incumprir a súa función de «coordinar o labor dos servizos de normalización doutros organismos e administracións públicas» (regulada no Decreto 145/07), pois no que vai de lexislatura non se tomou ningunha medida para iso nin sequera existe ningún tipo de contacto nin colaboración entre os servizos de normalización doutros organismos e a SXPL, a quen lle corresponde coordinalos.

Ante este grave incumprimento, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) informará ao presidente da Xunta do malestar por este asunto, e remitiralles aos tres grupos do Parlamento galego un documento explicativo e un dossier con toda a información para pedirlles que controlen a acción executiva e que teñan en conta o incumprimento dun mandato parlamentario por parte da SXPL. Tamén lles fará chegar información aos concelleiros e concelleiras responsábeis de lingua das sete cidades galegas, como afectados/as, e aos deputados e deputadas responsábeis desta materia nas catro deputacións provinciais. No dossier informativo que a CTNL enviará incluirase copia do apartado dos orzamentos da Xunta de Galicia 2007 e 2008 onde figura a partida reservada para a creación do CPL, copia das notas de prensa da SXPL e compilación de novas onde se anuncia a creación do CPL e copia do BOPG n.º 426, do 9 de outubro de 2007 no que se recolle a resolución aprobada polo Pleno do Parlamento galego o 3 de outubro de 2007 na que se insta á Xunta á creación do CPL.


DESCARGAS
NOS MEDIOS

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego