CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1044 votos
Votar | | | |


04-09-2008

A adaptación a galego dos topónimos internacionais unificarase na rede

Mapa mundi
A Consellaría de Innovación e Industria e a CRTVG poñerán en marcha unha base de datos en liña de topónimos internacionais en galego que estabelecerá criterios xerais de adaptación dos nomes de lugar estranxeiros e indicacións para a súa pronuncia.


A Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e a Consellaría de Innovación e Industria asinaron un convenio de colaboración que permitirá a posta en marcha dunha base de datos en liña de topónimos internacionais en galego.

Esta base de datos abarcará o nome de todos os países e as súas capitais, as principais cidades, provincias e rexións, ademais dos principais accidentes xeográficos, que constituirán un Atlas Galego en liña.

Este proxecto permitirá estabelecer criterios xerais de adaptación ao galego de topónimos que empregan alfabetos distintos ao latino ou que conteñen sons non existentes en galego, así como indicacións de lectura para a súa pronuncia.

Até o momento os criterios de adaptación dos topónimos estranxeiros non están claramente unificados e en diferentes atlas, manuais e dicionarios galegos danse solucións distintas.

Aínda que en principio hai un atlas coa toponimia avalada pola Real Academia Galega –o Atlas de Galicia e de España, de Anaya–, este xa non está no mercado e algunhas das solucións para os topónimos incluso se contradín coas que aparecen no propio Dicionario da RAG nas definicións dos xentilicios. Ademais, hai moitas outras obras que recollen en maior ou menor medida toponimia estranxeira, mais nas que se dan nomes diferentes para un mesmo lugar.

Algunhas das obras que máis toponimia foránea recollen até o momento son: Atlas de Galicia e do mundo (Edicións do Cumio, 1996), Atlas de Galicia e de España (Anaya, 1996), Os xentilicios e os topónimos do mundo (Xunta de Galicia, 1994), Atlas básico universal (Sálvora, 1996), Manual de estilo de O Correo Galego (Editorial Compostela, 2001), Enciclopedia Galega Universal (Ir Indo), Diciopedia do século XXI (Galaxia, Cumio e do Castro) ou, loxicamente, tamén a Galipedia.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Algunhas ligazóns de interese:

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego