CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


11507 votos
Votar | | | |


21-10-2008

Arredor de 40 concellos da Coruña reúnense en Mariñán para avanzar na promoción do galego desde as administracións locais

II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

Presentación do II Encontro de PL de Mariñán
Unhas 75 persoas, entre alcaldes e alcaldesas, concelleiros/as e técnicos/as de normalización lingüística de 40 concellos da Coruña participan o mércores 22 de outubro no Pazo de Mariñán no II Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña

No encontro analizarase a normalización lingüística desde as cidades, os perfís lingüísticos dos traballadores e traballadoras da administración, os convenios de colaboración entre a Deputación da Coruña e os concellos da provincia e presentarase unha experiencia de coordinación entre ENDL do IES de Melide e os SNL dos concellos de Toques, Santiso e Melide.


Arredor de 75 persoas, entre alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras de política lingüística e técnicos/as de normalización lingüística en representación duns 40 concellos da Coruña reuniranse o mércores 22 de outubro no Pazo de Mariñán (Bergondo) para participar no II Encontro de política lingüística desde as administración locais da Coruña, unha xuntanza organizada pola Deputación da Coruña desde a Unidade Técnica de Normalización Lingüística en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

Os obxectivos principais deste encontro son pór en contacto os/as distintos/as responsábeis políticos/as e técnicos/as das administracións locais para compartir experiencias e analizar posibilidades de accións conxuntas, debater e analizar a responsabilidade, as necesidades e as posibilidades das administracións locais na normalización social do uso do galego e deseñar conxuntamente liñas xerais de colaboración e pautas de coordinación e creación de rede entre as distintas administracións.

Da inauguración, ás 10.15 h, encargarase o presidente da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, o nacionalista Xoán Manuel Sande, xunto co presidente da CTNL, Nel Vidal Barral. A partir das 10.30 h as concelleiras e concelleiro de Normalización Lingüística da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol, Ermitas Valencia Romar (BNG), Guadalupe Rodríguez Silva (PSOE) e Javier Galán Pérez (EU-IU) respectivamente, debaterán sobre a normalización lingüística desde as cidades. Estarán moderados polo xornalista e locutor da Radio Galega, Anxo Quintela.

A continuación, a profesora de Dereito Administrativo da USC Alba Nogueira falará dos perfís lingüísticos na administración local, ao mesmo tempo, o deputado responsábel de Normalización Lingüística da Deputación, Xoán Manuel Sande, xunto co interventor adxunto Juan Bautista Suárez Ramos, presentarán o Programa de cooperación da Deputación da Coruña cos concellos da provincia para a creación ou mantemento dos SNL, período 2009-2011.

Xa pola tarde, presentarase o SNL Terra de Melide, unha experiencia de coordinación entre o equipo de dinamización lingüística (ENDL) do IES de Melide e os servizos de normalización (SNL) dos concellos de Toques, Santiso e Melide.

Finalmente, o contador de historias Cándido Pazó fará un resumo humorístico da xornada.

Das conclusións e clausura do encontro encargarase o presidente da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande.

AMPLA PARTICIPACIÓN

No encontro participarán o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández Crespo, os alcaldes da Laracha, Cabana de Bergantiños, Zas, e as alcaldesas de Melide e Vilasantar. Ademais tamén participarán concelleiras e concelleiros de política lingüística doutros concellos como A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Carballo, Vimianzo, Ames, Mesía, Narón, Carnota, Pontedeume, Arzúa etc., e técnicos/as de normalización lingüística de máis de 20 concellos da Coruña.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego