CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


9517 votos
Votar | | | |


29-10-2008

Curso de introdución ao traballo en servizos de normalización lingüística

Curso de introdución aos SNLA CTNL convoca un novo curso de formación dirixido a persoas que comezaron a traballar recentemente nun SNL e a estudantado co obxectivo de introducir no traballo dos SNL e formar novos/as técnicos/as de normalización. O curso terá unha edición en cada unha das universidades do país en datas diferentes (12, 13 e 14 de novembro na USC, 19, 20 e 21 na UVigo e 26, 27 e 28 de novembro da UdC).


LUGARES E DATAS

SANTIAGO DE COMPOSTELA: 12, 13 e 14 de novembro

VIGO: 19, 20 e 21 de novembro

A CORUÑA: 26, 27 e 28 de novembro

PRAZAS

Cada unha das edicións do curso ten un límite de 20 prazas e constará dunhas doce horas. Está dividido en tres bloques de contidos:

CONTIDOS E DOCENTES

1.º bloque (4 horas). Que é un SNL? Definición, organización, estrutura. A planificación lingüística desde un SNL.
Docente: Valentín García Gómez, técnico de normalización lingüística do Concello da Estrada.

2.º bloque (4 horas). Aproximación ao asesoramento e formación lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos. Docente: Manuel Bermúdez, técnico de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Asesoramento Lingüístico.

3.º bloque (4 horas). A dinamización lingüística desde un SNL. Accións e principais recursos. Docente: Isabel Vaquero Quintela, técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e responsábel da Área de Dinamización Lingüística.

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase mediante esta páxina web na sección de CONVOCATORIA DE CURSOS e deberase elixir unha das edicións (Santiago, Vigo ou A Coruña).

Os prazos de inscrición son os seguintes:
  • Santiago de Compostela: 5 de novembro

  • Vigo: 12 de novembro

  • A Coruña: 19 de novembro



Cada edición conta cunha información e un formulario diferentes na nosa páxina de formación.

INFORMACIÓN COMPLETA EN .PDF

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego