CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


8098 votos
Votar | | | |


22-04-2009

A CTNL considera “un lamentábel paso atrás” que Política Lingüística sexa relegada á Consellaría de Educación

Consello da Xunta 21/4/09A CTNL cre que a Consellaría de Educación non é o departamento máis axeitado para o desenvolvemento da política lingüística no ámbito empresarial, nas novas tecnoloxías, na xustiza, na administración pública ou na sanidade.
A entidade que agrupa os/as traballadores/as de normalización da lingua lamenta que a Secretaría Xeral de Política Lingüística deixe de depender directamente da Presidencia da Xunta, desde onde tiña capacidade de acción transversal en todos os ámbitos.


Logo de coñecer a nova estrutura orgánica do executivo galego aprobada polo Consello da Xunta, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) considera “un lamentábel paso atrás” que a Secretaría Xeral de Política Lingüística deixe de depender da Presidencia e sexa relegada á Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

A CTNL considera que non se pode limitar a acción da Secretaría Xeral de Política Lingüística ao ensino, pois a lingua haina que promover e defender en todos os ámbitos e sectores, como o empresarial, as novas tecnoloxías, a xustiza, a administración pública ou a sanidade, por exemplo, onde a Consellaría de Educación non ten ningún tipo de competencia.

Durante os anteriores gobernos do Partido Popular, Política Lingüística estivo inserida na Consellaría de Educación, mais en 2005 ese departamento pasou a depender da Presidencia. Ese posicionamento orgánico na cúspide da organización permitía a transversalidade e a acción nos diferentes ámbitos sociais, algo imposíbel de desenvolver relegándoa a unha consellaría concreta. Por esta razón, a CTNL considera que a decisión do goberno de Núñez Fejóo é un novo paso atrás para a normalización da lingua galega, entre outros xa anunciados polo presidente, como a derrogación do Decreto de fomento do uso do galego no ensino.

Na prensa:

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego