CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


2016 votos
Votar | | | |


22-06-2009

A CTNL considera moi grave a retirada da proba en galego nos procesos selectivos para a función pública

Parlamento galegoDe aprobarse a proposta do goberno no Parlamento galego, confirmaríase o primeiro paso atrás desde a restauración da democracia no proceso de normalización lingüística que, como sinala a Lei de normalización, debe ser “progresivo”.
Deste xeito, a CTNL apoia a concentración convocada para este martes 23 de xuño ás 9.30 h diante do Parlamento galego polos sindicatos CIG, CCOO e UXT contra a modificación da Lei da función pública.


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) considera un grave retroceso para a normalización da lingua galega a proposta do Consello da Xunta de modificar o artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

Así, a CTNL apoia a concentración convocada para este martes 23 de xuño ás 9.30 h diante do Parlamento galego polos sindicatos CIG, CCOO e UXT, e apoiada por outras entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística, coincidindo co debate e votación definitiva de proposta de retroceso lingüístico do goberno galego, logo da aprobación inicial a pasada semana cos votos do grupo parlamentario do PP.

Até agora, o artigo 35 da Lei da función pública estabelece que os opositores demostrarán o seu coñecemento da lingua galega realizando neste idioma polo menos unha das probas do proceso selectivo. Isto concretouse nos diversos procesos selectivos no seguinte:
- para as oposicións da Administración da Xunta, faise en galego o primeiro exame (tipo test), co cal se demostra a capacidade de comprensión escrita en galego, requisito mínimo para traballar na nosa Administración.
- para os procesos selectivos do ámbito do ensino, realízase e preséntase en galego a programación didáctica. Con esta proba demóstrase capacidade de expresión escrita e oral en galego, necesaria para as funcións docentes das prazas ás que se opta.

A proposta de modificación deste artigo prevé que se acredite o coñecemento da lingua galega de dúas maneiras:
- mediante un certificado (de iniciación/perfeccionamento ou Celga 1/2/3/4)
- se o/a aspirante non presenta un certificado, cunha proba de lingua galega, xeralmente unha tradución.

Na exposición de motivos da proposta de reforma deste artigo, as principais xustificacións que se argúen son:
1) “é necesario garantir o dereito dos administrados e das administradas a dirixirse a esta [á Administración] en calquera dos dous idiomas oficiais, tanto en galego coma en castelán” (entendemos que se refire aos dereitos das persoas que acceden ao emprego público);
2) “hai que posibilitar que a mobilidade dos cidadáns e das cidadás por todo o territorio nacional non se vexa limitada nin menoscabada por barreiras lingüísticas de ningún tipo”.

Con todo, a primeira destas xustificacións obvia que o que prima nas relacións entre os servidores públicos (que serán moitos dos aspirantes ás probas selectivas que se pretenden regular con esta modificación) e os administrados son os dereitos lingüísticos destes últimos. É dicir, o que é prioritario é que as persoas que se presentan a un posto da Administración pública estean suficientemente capacitadas para garantiren os dereitos lingüísticos da cidadanía, porque isto formará parte do seu deber como servidores públicos. Non se pode adiar para despois de aprobar as oposicións un deber que teñen que exercer desde o primeiro día, porque se corresponde cun dereito básico da cidadanía.

E, en canto á segunda xustificación, o coñecemento necesario de máis dunha lingua nunca é unha barreira; ao contrario, é unha porta aberta para a comunicación fluída con todos os cidadáns, no noso caso, cos que falan galego e cos que falan castelán. Se algunha “barreira” hai, é o descoñecemento, que nos impide comunicarnos como iguais. Daquela, a competencia nas dúas linguas cooficiais é un requisito tan válido para acceder á función pública como posuírmos unha licenciatura universitaria se queremos presentarnos a un posto do grupo A1, e non por isto dicimos que as persoas que non teñen unha licenciatura están discriminadas.

A mellor maneira de demostrar a competencia en galego é utilizándoa de maneira práctica xa no proceso selectivo, porque é a lingua que os aspirantes van utilizar maioritariamente no seu labor cotián. Os certificados, especialmente os de iniciación e perfeccionamento e o sistema de validación dos Celga, non son garante dun verdadeiro coñecemento práctico da lingua. Moitas veces os certificados obtivéronse hai moito tempo e a penas se empregou a lingua desde entón, o que rebaixa a capacidade comunicativa dos aspirantes. E esta falta de coñecemento práctico imposibilita que á hora de exerceren como funcionarios poidan garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía. Unha persoa que non é quen de entender un exame tipo test en galego dificilmente pode atender a un cidadán ou redactar un documento nesta lingua.

Alén disto, os certificados non teñen que eximir de demostrar dunha maneira práctica os coñecementos, do mesmo xeito que, por exemplo, un veterinario non deixa de facer as probas prácticas do proceso selectivo a pesar de ter un título que acredita os seus coñecementos. Por outra parte, os certificados acreditativos, se algo xustificasen, só sería a competencia no manexo do nivel estándar da lingua, pero non do nivel especializado. O tecnolecto específico do posto que van desempeñar (xurídico-administrativo, forestal, médico, informático...) queda claramente mellor acreditado ao desenvolver en galego unha das probas do proceso selectivo.

Así mesmo, esixir un determinado coñecemento —neste caso lingüístico— entra dentro das características dun proceso que garanta os principios de igualdade, mérito e capacidade. É igualitario porque se lle esixe a todos os aspirantes, e é unha capacidade requirida porque é imprescindíbel para o posterior desempeño do labor do funcionariado.

E finalmente, o emprego do galego nas probas selectivas para a Administración pública é unha boa maneira de prestixiar o idioma menos valorado socialmente, xa que supón para a nosa lingua un ámbito de utilidade práctica moi demandado e apreciado.

Por todo isto, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pídelle ao goberno da Xunta, nomeadamente ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que reflexione e retire a proposta, e a todos/as os/as parlamentarios/as galegos/as que non a apoien para non converterse nos responsábeis do primeiro paso atrás na defensa do galego na administración autonómica desde a restauración da democracia.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego