CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


1941 votos
Votar | | | |


27-07-2009

O curso de verán «Traballando en lingua» conclúe que cómpren novos discursos modernos, claros, rigorosos e integradores para a promoción do galego

Conclusións e materiais do V Curso de verán "Traballando en lingua"

V Curso de verán "Traballando en lingua"Entre as conclusións do curso sinálase que a promoción do galego «debe ligarse con valores sociais positivos, coa construción da xustiza social» e que «o discurso e a acción en política lingüística non pode depender de opcións políticas nin resultados electorais e ten que procurar unha identificación do idioma que nos vincule, colectivamente e por consenso, como galegas e galegos». Xa se poden consultar tanto os diferentes materiais como as conclusións do curso.

O V Curso de verán «Traballando en lingua», Do compromiso individual aos argumentos, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e o Concello de Carballo, que tivo lugar entre o 15 e o 17 de xullo, afondou na necesidade de construírmos novos discursos sobre a(s) lingua(s) desde diferentes metodoloxías e enfoques, e agora fanse públicas tanto as conclusións xerais ás que se chegou como as conclusións dos diferentes grupos de traballo e outros materiais.

Deste xeito, a organización e as persoas participantes sinalan que «cómpre dotar os discursos sobre a lingua de novos argumentos, imaxinativos, modernos, claros, rigorosos, integradores, coherentes, firmes e conciliadores» e que «é preciso elaborarmos un abano de argumentarios dirixidos aos diversos grupos sociolingüísticos existentes na complexa realidade galega».

Nos quince puntos que constitúen esas conclusións sinálase, por exemplo, que a promoción do galego «debe ligarse con valores sociais positivos, coa construción da xustiza social» e coas «teses mantidas polo ecolingüismo». Tamén se reclama das administracións públicas e das institucións «que cumpran o papel emisor que lle outorga o marco legal vixente e, xa que logo, que retomen e difundan o discurso normalizador».

Con respecto ao ensino, o curso concluíu que se detecta «a necesidade de o galego se constituír na lingua vehicular dunha parte substancial das materias e é unánime a consideración positiva deste feito»; ademais, «é xeral a oposición a unha segregación do alumnado por razón da lingua, unha opción que se xulga inmotivada e que contradí tanto a lexislación como os criterios académicos e pedagóxicos». Así, «reclámase a estabilidade do ordenamento lexislativo de que depende o sistema educativo».

Nas conclusións do curso tamén se esixe da clase política que «o discurso e a acción en política lingüística teña estabilidade a longo prazo e que non dependa das opcións políticas que estean a gobernar, nin de resultados electorais para, deste modo, procurar unha identificación do idioma que nos vincule, colectivamente e por consenso, como galegas e galegos».

Tanto as conclusións xerais do curso, como as dos diferentes grupos de traballo, así como os textos dos diferentes relatorios, están ao dispor de todas as persoas interesadas tanto no web do SNL da Universidade da Coruña (www.udc.es/snl) como no da CTNL.

TODOS OS MATERIAIS TAMÉN NO WEB DA CTNL
Tamén neste mesmo web da CTNL (aquí) están publicadas as conclusións, tanto as xerais como as dos diferentes grupos de traballo, así como os relatorios de Miquel Strubell, Luís Villares Naveira, Pilar Freitas, Iolanda Gomis e Goretti Sanmartín.

FOTOS NA PÁXINA DA CTNL EN FACEBOOK
Na páxina da CTNL en Facebook publicouse tamén unha reportaxe fotográfica do curso.


Ligazóns relacionadas

Materiais do V Curso de verán

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego