CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1371 votos
Votar | | | |


13-10-2009

Reblogdela, fomento da lingua na rede e gastronomía de Redondela

ReblogdelaA Asociación de Empresarios de Redondela conxuntamente coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, convocan o segundo concurso de blogs REBLOGDELA: A nosa gastronomía.

O obxectivo é fomentar o uso e a normalización da lingua galega e, asemade, potenciar a creación e a participación da mocidade no ámbito das novas tecnoloxías da información (TIC).

REBLOGDELA é un concurso no que os mozos e mozas entre 12 e 18 anos poderán demostrar as súas aptitudes para crear e desenvolver un blog, desenvolvendo así numerosas ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías e con Internet, á vez que empregan o galego como lingua vehicular e de comunicación na rede.

Os traballos presentados ao concurso deberán estar escritos en galego e deberán ter como temática principal A NOSA GASTRONOMÍA, facendo referencia á gastronomía local de xeito xenérico ou particular: hostalaría de Redondela, produtos gastronómicos redondeláns, restaurantes de Redondela (de xeito colectivo ou individual), as receitas máis xenuínas e populares, ou a oferta gastronómica do noso Concello.

A data límite para inscribirse e presentar o blog é o 10 de decembro de 2009.

Bases completas e máis información no blog do SNL do Concello de Redondela

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego