04-11-2009Nova edición revisada do Gran dicionario Xerais da lingua
A editorial Xerais publica unha nova edición revisada do Gran dicionario Xerais da lingua, unha obra de 2.464 páxinas en dous volumes e con arredor de 100.000 entradas e 400.000 acepcións. A obra está coordinada por Xosé M.ª Carballeira Anllo e editada por Xosé Cid Cabido.
FICHA TÉCNICAFormato: 19,50 x 26,50 cm
Dous volumes de 1.232 páxinas cada un
Acartonado
ISBN: 978-84-9914-070-4
Código: 1336024
Equipo: Xosé Mª Carballeira Anllo (coord.), Xosé Cid Cabido (ed.), Carme Ares Vázquez, Carme Hermida Gulías, Primitivo Iglesias Sierra, Xosé Mª Lema Suárez, Rosa López Fernández.
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS
• As palabras ofrecen os seus diferentes sentidos, os seus diferentes niveis de uso e a fraseoloxía propia de cada forma.
• Presenza de exemplos que facilitan a comprensión dos diferentes matices semánticos da palabra ou que ofrecen mostras do seu uso.
• Categorización e subcategorización gramatical e réxime verbal.
• Revisión e reformulación das definicións, delimitando claramente o contorno, consonte coas novas tendencias lexicográficas.
• Selección, caracterización e redistribución con criterios máis claros das unidades fraseolóxicas.
• Transcrición fonética nas entradas estándares.
• Información etimolóxica nas entradas estándares.
• Revisión do corpus cun incremento substancial do número de entradas.
• Unha nova obra con arredor de 100.000 entradas (5.000 máis que na edición do ano 2000) que ofrece máis información semántica e gramatical con criterios máis actuais.
• 2.464 páxinas en dous volumes para un manexo máis doado na consulta da obra.
Características do Gran dicionario Xerais da lingua, en .pdf.