CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9430 votos
Votar | | | |


20-11-2009

O Consello da Cultura pide que non haxa pasos atrás no proceso de normalización lingüística e propón o desenvolvemento consensuado do Plan xeral de normalización da lingua galega

Proposta Institucional sobre a Lingua do CCGO Consello da Cultura Galega entregou no Parlamento galego e fixo pública unha proposta institucional aprobada no seu Plenario na que critica a "groseira falsificación da realidade" que supón a asociación entre promoción do galego e imposición lingüística, na que di que "en ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do galego" e na que lle propón ao Parlamento a creación dunha comisión para que "elabore unha proposta de desenvolvemento consensuada do PXNLG"

O Consello da Cultura Galega aprobou, na súa sesión plenaria do pasado día 17 de novembro de 2009, unha declaración institucional que, aínda que vai dirixida ao Parlamento galego, tamén fixo pública "para a súa consideración por parte do Parlamento de Galicia, da Xunta e da opinión pública".

O documento foille entregado por parte do presidente do Consello da Cultura Galega á presidenta do Parlamento, foille remitido a todos os grupos parlamentarios e foi tamén presentado publicamente.

Nel solicítaselle ao Parlamento a constitución dunha comisión parlamentaria na que "oídas as institucións, colectivos e expertos [...] elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG)".

Mais, antes desta solicitude, a declaración aprobada foi un memorando no que se critica duramente, por exemplo, "a asociación entre o idioma galego e a imposición, dunha banda, e o idioma castelán e a liberdade, da outra", asociación que se cualifica de "groseira falsificación da realidade que carece de toda base na historia, remota e recente, do noso país".

Ademais, lémbraselle á Xunta que lle "corresponde exercer o liderado do proceso de recuperación e dignificación do idioma galego" e que a política lingüística debe apoiarse no "respecto ao conxunto da nosa lexislación lingüística". Tamén se sinala que "en ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do galego como lingua propia de Galicia".

Podes descargar aquí a declaración completa en .pdf.


Ligazóns relacionadas


Declaración institucional do Consello da Cultura Galega en relación coa lingua

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego