CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


10309 votos
Votar | | | |


12-01-2010

Compilación de artigos, entrevistas e posicionamentos públicos sobre as bases da Xunta para derrogar o decreto do galego no ensino

ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN: 3/2/2010

PremeDespois da aprobación unilateral por parte da Xunta das que chamou “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia”, coas que pretenden derrogar o Decreto de uso e promoción do galego no sistema educativo, son moitas as análises individuais e colectivas, artigos de opinión e posicionamentos de entidades que se foron publicando até o momento. Facilitamos aquí unha compilación deses posicionamentos, artigos e análises, que supoñen a oposición practicamente unánime ao proxecto da Xunta dos sectores da educación, da lingua e da cultura.

[ESTA COMPILACIÓN IRASE ACTUALIZANDO A MEDIDA QUE HAXA NOVAS ACHEGAS]

O borrador aprobado polo Consello de Goberno da Xunta

COMPILACIÓN DE POSICIONAMENTOS PÚBLICOS DE ENTIDADES
  • A Mesa pola Normalización Lingüística: A proposta de decreto vulnera ostensibelmente tanto tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos como a Lei de normalización lingüística

  • ANPE: ANPE defende o plurilingüismo nas aulas, pero ao longo da negociación deberán modificarse diversos aspectos das bases publicadas, coas que estamos en total desacordo

  • Asociación de Directores de Centros Públicos de Santiago de Compostela: O decreto suporá unha diminución da calidade no ensino.

  • Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG): Forzada involución no proceso normalizador da aprendizaxe do galego dentro do ámbito educativo, ignorando voces e argumentos dos especialistas da educación, da pedagoxía e dos profesionais do ensino

  • Asociación Galega de Editores (AGE): Non se tivo en conta na redación destas Bases que as propostas afectarán globalmente, e de forma substancial, ao sistema educativo galego. Primouse o compromiso electoral á análise da viabilidade educativa das Bases de Decreto

  • Asociación Internacional de Estudos Galegos: A Asociación Internacional de Estudos Galegos cre "un erro ético" o novo decreto

  • Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia (Apega): ”Con el decreto del gallego no se va a ninguna parte”. "No se pueden dejar las decisiones sobre la lengua de las asignaturas al libre albedrío de los padres"

  • AS-PG: Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo

  • BNG: O decreto do galego é "o decreto da aldraxe" e non respecta a Carta Europea das Linguas Minorizadas

  • CCOO-Ensino: CCOO xa non era partidaria de que se rompera o consenso parlamentario acadado anteriormente sobre o Decreto do galego, mais unha vez manifestada a vontade unilateral do PP de suprimir o vixente, considera que a norma que se poña no seu lugar ten que vir avalada polo maior consenso político e social posible

  • CIG-Ensino: A CIG-Ensino rexeita o borrador para derrogar o Decreto 124/2007 porque supón unha involución na normalización lingüística e unha agresión ao noso idioma

  • Comités: O borrador de decreto para o uso do galego no ensino supón a meirande agresión contra o idioma proprio e un retroceso respecto de todos os decretos aprobados desde a promulgación da Lei de Normalización Lingüística en 1983

  • Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos de centros públicos (Confapa-Galicia): Non se pode deixar que as familias elixan o idioma porque non falamos dunha educación á carta

  • Consello da Cultura Galega: Non se pode tratar igual aos desiguais. O Decreto ou norma a que dean lugar estas “Bases” debe centrarse exclusivamente na regulación do uso das linguas oficiais no sistema educativo e na promoción do idioma galego

  • Consello da Xuventude de Galicia: O CXG entende, como institución encargada de velar polos dereitos da mocidade galega e como institución galega preocupada pola situación da nosa lingua, que o bosquexo de decreto presentado pola Xunta non supón máis que un retroceso no proceso de normalización do galego

  • Converxencia XXI: O goberno do Partido Popular presenta á sociedade un borrador pouco claro no que utiliza o inglés como pretexto para deixar a porta aberta ás familias e aos centros para que “libremente” escollan saber menos galego

  • CSI-CSIF: CSI.F é partidaria de impulsar o multilingüismo nas aulas e de que os alumnos/as conclúan o ensino obrigatorio con "plena competencia" nas dúas linguas oficiais da comunidade e na medida do posible dunha estranxeira, así como de trasladar ás aulas o espírito de respecto, comprensión e tolerancia que recomenda a Carta Europea das Linguas Rexionais

  • Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL): Lonxe de procurar novos ámbitos de uso, as bases para o decreto obrigan ao abandono do galego en determinados espazos do ensino, o que é totalmente contrario á promoción lingüística

  • Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL): A proposta traslada aos centros escolares e ás familias un conflito creado por intereses políticos ao presentar un modelo que non se fundamenta en criterios estritamente pedagóxicos e demostra o descoñecemento da realidade dos centros

  • Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo: Vemos con moita alarma calquera medida que limite aínda máis a competencia lingüística que o alumnado ten cando chega ao ensino superior. Notamos que un número significativo de estudantes chegan ás aulas universitarias cun dominio deficiente das competencias básicas en lingua galega

  • Esquerda Unida: Esquerda unida rexeita de plano as bases do decreto por ser un ataque político sen precedentes contra a nosa lingua

  • Facultade de Ciencias de Educación da USC: Retiren o actual documento de Bases para o uso do galego no ensino por manifestarse inadecuado

  • Federación de ANPA de Compostela: Rexeitamos un modelo de ensino das linguas no que o goberno renuncia a exercer o seu papel e defender o galego

  • Federación de Relixiosos da Ensinanza de Galicia (Ferega): As linguas só se aprenden se se exercitan e só se terá liberdade para escoller unha se se coñecen. O decreto debe potenciar o galego, sobre todo nas cidades e nas vilas

  • Foro de Curas Galegos: Une a súa voz coa de outros moitos que coidan insuficiente a concesión vixente sobor do ensino do galego, e reclama da autoridade competente a normalización da lingua galega

  • Galiza Nova: “O PP quer eliminar o galego do ensino para cortar de raíz o seu futuro, desde a mocidade”

  • Instituto da Lingua Galega (ILG): Consideramos que o novo decreto, a teor das Bases publicadas, representaría unha involución no proceso de normalización da lingua galega. A súa aplicación faría imposible que a maioría dos alumnos e alumnas poida chegar a ter competencia comunicativa na lingua propia de Galicia

  • Nova Escola Galega: O novo decreto imposibilita a adquisición das competencias lingüísticas

  • PP: Restablece a liberdade lingüística que nunca debeu perderse e bota por terra o decreto do bipartito posto en marcha no ano 2007

  • Prolingua: Desde ProLingua promoveremos accións propias en defensa da lingua e compartiremos as propostas polas outras plataformas que vaian dirixidas a impedir o glotocidio que se quere perpretar

  • PSdeG-PSOE: O PSdeG-PSOE cualificou de “despropósito” o borrador do Decreto do galego presentado por Feijóo e dixo que “busca trasladar ás aulas galegas o conflito da lingua xerado polo presidente da Xunta”.

  • Queremos Galego: Alberto Núñez Feijóo sabe que este decretazo non conta co respaldo nin das familias nin do profesorado nin do estudantado. Por iso o presentou no medio das vacacións, na véspera de fin de ano, á última hora do serán e mudando in extremis tamén o lugar de reunión do Consello da Xunta, por vez primeira na lexislatura

  • Real Academia Galega (RAG): Análise da RAG das "Bases para o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia"

  • Sindicato de Estudantes: A Xunta do PP lanza un decreto educativo para atacar o galego: Hai que paralo

  • STEG: O novo decreto do galego é un clamoroso erro pedagóxico e político

  • UGT-Fete: As bases para o decreto do galego no ensino son confusas no fondo e impresentables na forma

  • Universidades galegas: comunicado conxunto das universidades da Coruña (UdC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVigo): Facemos un chamamento ás autoridades educativas para modificar as bases deste decreto conforme á obriga de potenciar o emprego do galego como principal sinal de identidade cultural

  • USO-Galicia: O dereito dos pais a elexir o idioma no que deben ser educados os seus fillos ponnos a un paso de que eles poidan participar nas discusións dos proxectos curriculares

  • Xuventudes Socialistas: O borrador do Decreto do galego é unha burla ó noso país e racha por completo coa política de normalización e valorización que o galego viña tendo no noso ensino

ANÁLISES DAS "BASES PARA O DECRETO DO PLURILINGÜISMO"

COMPILACIÓN DE ARTIGOS DE OPINIÓN E ANÁLISES PERSOAIS

COMPILACIÓN DE ENTREVISTAS E DECLARACIÓNS

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego