CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8570 votos
Votar | | | |


14-01-2010

Concesión de axudas da Fegamp para os SNL da administración local

FegampA Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), en colaboración coa Consellería de Educación, concedeulles aos servizos de normalización lingüística (SNL) da administración local subvencións para o mantemento destes. Achegamos aquí as cantidades que lles foron asignadas ás distintas entidades, así como os criterios seguidos para o repartimento desas contías

En decembro de 2009 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta e a Fegamp asinaron un convenio de colaboración para o fomento do uso do galego na Administración local, coa finalidade de distribuír os fondos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística tiña asignados para a convocatoria de axudas para o mantemento dos SNL da administración local en 2009 e que, por razóns de prazos, non convocou.

Despois da sinatura dese convenio, a Fegamp púxose en contacto coas diveras entidades que tiñan SNL para a concesión desas subvencións que agora se resolven.

Achegamos aquí, en formato .pdf, o cadro completo de asignación de cantidades por entidade local

Deste xeito, 63 concellos recibiron cantidades comprendidas entre os 1.369,81 € (Santiso) e os 34.829,52 € (Vigo).

Do total dos 63 concellos que recibiron esta subvención:
-41 son da provincia da Coruña
-7 son da provincia da Lugo
-5 son da provincia de Ourense
-10 son da provincia de Pontevedra

Ademais, tamén recibiron apoio económico as catro deputacións:
-A Coruña: 45.000,00 €
-Lugo: 12.748,05 €
-Ourense: 22.713,10 €
-Pontevedra: 30.014,07 €

A cantidade total distribuída foi de 602.665,40 €.

O repartimento de fondos fíxose de acordo cos seguintes criterios:

1. LÍMITE DA ACHEGA ECONÓMICA
A cantidade subvencionada para cada Entidade Local terá os seguintes límites:
a) Un máximo do 75% da cantidade subvencionábel. Enténdese como cantidade subvencionábel a cantidade total xustificada menos as subvencións recibidas doutras administracións.
b) A Contía máxima subvencionábel por entidade local será de 45.000 €.

2. CRITERIOS DE REPARTIMENTO
Sempre respectando os límites máximos fixados no punto anterior, os criterios de repartimento serán os seguintes:
a) Cantidade fixa de 6.000 € para cada entidade local
b) A contía restante repartirase mediante unha porcentaxe lineal para cada concello da cantidade subvencionábel, tal e como se define no apartado a) do punto 1, minorada a cantidade fixa estipulada no punto anterior.


Ligazóns relacionadas


Cadro concesión subvencións a SNL - Fegamp 2009

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego