CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


9139 votos
Votar | | | |


20-01-2010

Un informe elaborado por un grupo de 60 xuíces e xuízas, avogados/as e expertos/as en dereito, conclúe que as bases do decreto da Xunta transgriden o marco legal vixente

Luís Villares, Alba Nogueira e Héctor López de Castro RuízUn grupo de máis de 60 xuristas, entre os que hai xuíces e xuízas, decanos de colexios de avogados/as, catedráticos/as e profesores/as de dereito, fiscais, etc., elaborou unha análise xurídica das "Bases para o decreto do plurilingüismo", nas que se conclúe, entre outras cousas, que "os dereitos fundamentais non se poden someter a votación" ou que a proposta "transgride o cadro legal"

Na presentación en conferencia de prensa deste informe, o equipo de xuristas advertiu que "as Bases para o decreto do Plurilingüismo poden ser inconstitucionais", e que "os dereitos fundamentais non se poden someter a votación", en referencia á pretensión do goberno de que os pais e nais elixan a lingua de varias materias.

As principais conclusións deste informe (.pdf) son:

1. Os dereitos fundamentais non se poden someter a votación. Do dereito fundamental á educación non se deriva a existencia dun dereito de elección lingüística

2. A regulación dos horarios de ensinanza das e nas linguas oficiais ten que conseguir a plena competencia nas dúas linguas oficiais. Non é unha cuestión de horarios, senón de resultados. O uso como lingua vehicular noutras materias potencia a plena competencia

3. O tratamento das linguas oficiais e de linguas estranxeiras non pode ser equiparado de xeito xeralizado e obrigatorio no ámbito educativo

4. A Carta europea de linguas rexionais e minoritarias é unha norma do ordenamento interno cuxos mandatos teñen que ser respectados

5. O Estatuto e a lexislación autonómica fixan cal é a lingua propia da Administración. A liberdade de opción lingüística dos cidadáns e cidadás non se aplica a educadores/as e estudantes


A listaxe de xuristas que asinan este informe inclúese no propio documento en .pdf

FOTE: A Nosa Terra


Ligazóns relacionadas


Análise xurídica das Bases para o decreto do plurilingüismo

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego