CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


12160 votos
Votar | | | |


13-03-2010

Procurar que se impulse o proceso de normalización desde todas as administracións públicas, formación e procura de maior e mellor coordinación, principais liñas de traballo da CTNL para 2010

Asemblea Xeral da CTNL 2010
A Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que tivo lugar o venres 12 de marzo no Auditorio de Galiza, aprobou por unanimidade as súas liñas de acción para o ano 2010. A Asemblea tamén elixiu por unanimidade o seu equipo directivo para os próximos dous anos


PRINCIPAIS LIÑAS DE ACCIÓN DA CTNL PARA O PRÓXIMO EXERCICIO

Na Asemblea decidiuse por unanimidade seguir avanzando nas tres principais liñas de traballo da CTNL: defender os intereses xerais dos/as traballadores/as de normalización lingüística, promover a formación continua no eido da normalización e procurar unha maior e mellor implicación de todas as administracións públicas no proceso normalizador.

Defensa de intereses

Segundo se acordou na Asemblea, a CTNL fará un seguimento dos compromisos adquiridos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística con respecto aos criterios das subvencións para o mantemento e creación de servizos de normalización lingüística na administración local e sobre a posta en marcha da Rede de dinamización lingüística local, ademais de facer seguimento, realizar informes e solicitudes concretas de mellora das condicións de determinados postos de técnico/a de normalización lingüística e doutros postos relacionados coa lingua (profesorado dos cursos Celga, bolseiros/as, etc.) en distintas entidades.

Formación

No que se refire a promover a formación continua no eido da normalización, acordouse organizar desde a CTNL ao longo do próximo exercicio os seguintes cursos: Curso de presentacións eficientes, Curso de xestión administrativa para técnicos/as de SNL da Administración pública e Curso de deseño e implementación de campañas de normalización lingüística. Ademais, tamén se acordou organizar unha nova edición do Curso de blogs e iniciación a ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística e valorar a posibilidade de organizar un Curso de avaliación de accións de normalización lingüística.

Ademais, tamén se seguirá colaborando no Curso de verán sobre dinamización lingüística organizado polo SNL da Universidade da Coruña e continuarase coa colección Documentos CTNL, na que está previsto publicar dous novos números en 2010.

A Asemblea tamén acordou organizar unha actividade lúdico-formativa e de convivencia dunha fin de semana para os socios e as socias da CTNL.

Procura dunha maior e mellor implicación das administracións

Ao longo de 2010 a CTNL fará un seguimento e avaliación das accións desenvolvidas desde a SXPL e fará propostas concretas de mellora nas súas finalidades, xestión e desenvolvemento. Tamén proporá que se lle dedique á política de promoción da lingua galega, como mínimo, o 0,3% do orzamento total, tanto da Xunta como das administracións locais.

De cara ás eleccións locais de 2011 proporalles a todas as organizacións políticas que inclúan nos seus programas electorais a creación (ou potenciación e consolidación, de ser o caso) dun servizo de normalización lingüística (SNL) estábel con capacidade de intervención social, dotado de recursos humanos e económicos, co obxectivo xeral de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todo o ámbito social do municipio.

A CTNL coorganizará no mes de outubro o IV Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña, e colaborará na organizados dos XII Encontros para a normalización lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega, no mes de setembro.

Desde a CTNL seguirase a traballar conxuntamente co resto de colectivos, plataformas e sectores implicados na defensa e promoción da lingua galega para que o goberno galego reconsidere a paralización de diversos proxectos de importancia para a normalización da lingua galega e emprenda novos proxectos de promoción da lingua.

COMUNICACIÓN E REFORZO ORGANIZATIVO

A CTNL daralle maior difusión ao seu sitio web e procurará incrementar o número de materiais publicados nel, ademais de incrementar a presenza no web do traballo dos servizos de normalización lingüística. Tamén porá en marcha novos espazos e canles a través de redes sociais e novas ferramentas, con reforzo da comunicación web a través de vídeo, son e imaxe.

Procuraranse poñer en marcha grupos de traballo para o desenvolvemento de diversas accións e proxectos e buscaranse novas colaboracións para reforzar a organización.

XUNTA DIRECTIVA DA CTNL

Despois duns anos de traballo pola asociación, abandonaron o equipo directivo por razóns persoais Xusto Rodríguez, Nuria Seoane e Roberto Rielo.

Na Asemblea Xeral elixiuse por unanimidade a nova Xunta Directiva da asociación para os dous vindeiros anos, na que Nel Vidal continúa como presidente, Rosa Moreiras pasa a ser a nova secretaria e Anxos Sobriño continúa como tesoureira. Como vogais continúan Iván Méndez, Concha Diéguez e Dores Sánchez, e incorpóranse Anxo Otero, Pepe B. Alborés e Isabel Vaquero.


Podes descargar aquí o documento completo coas liñas de accións da CTNL para 2010-2011 (.pdf, 239 KB)


Fotogalería da Asemblea Xeral Ordinaria da CTNL 2010


Ligazóns relacionadas


Liñas de acción da CTNL para 2010-2011 (.pdf, 239KB)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego