CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1333 votos
Votar | | | |


15-10-2007

Diversos colectivos solicítanlle a Política Lingüística que non perda unha grande oportunidade para a normalización da lingua coa implantación dos novos certificados de galego

[Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2007]

Coas validacións que Política Lingüística vai aprobar non se garante de ningún xeito que as traballadoras e os traballadores da Administración pública teñan o coñecemento de galego necesario para desempeñar o seu traballo en galego, de maneira que non se poderían garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía.

Política Lingüística pasa por alto as notorias deficiencias na adquisición da lingua no ensino regrado e intenta extrapolar a Galiza un sistema de validacións de competencia lingüística como o catalán, cando a situación nun e noutro caso é totalmente distinta.

Os colectivos asinantes do comunicado declaran que a proposta de validacións de certificados de lingua galega (Celga) na que traballa a Secretaría Xeral de Política Lingüística non fai máis que consagrar o antigo modelo de títulos de iniciación e perfeccionamento.

Ante a inminente publicación da Orde pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega na que traballa a Secretaría Xeral de Política Lingüística, diversos colectivos relacionados coa lingua fan público un comunicado no que se explican as carencias e problemas da proposta e no que se lle solicita diálogo e rigorosidade a Marisol López para que non se perda unha grande oportunidade para a normalización da lingua galega. As entidades asinantes do comunicado son a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), a Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) e o profesorado de galego das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Madrid.

No comunicado feito público sinalan que a Orde que a Secretaría Xeral de Política Lingüística vai aprobar non se garante de ningún xeito que as traballadoras e os traballadores da Administración pública teñan o coñecemento de galego necesario para desempeñar o seu traballo en galego, de maneira que non se poderían garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, e que non se poden estabelecer uns requisitos de competencia en lingua claros e estandarizados para o acceso á función pública (nin no ensino, nin na sanidade, nin na Administración autonómica, nin na administración local, nin na universidade, etc.). Ademais, desmotívase totalmente os traballadores e as traballadoras da Administración pública a seguir formándose en lingua.

No escrito sinalan que «o que se está a facer con esta proposta é consagrar o antigo modelo de cursos de iniciación e de perfeccionamento e a dar por feito na práctica que no actual sistema educativo regrado non hai problemas con respecto á adquisición da competencia en lingua galega, pasando por alto as notorias deficiencias que detectan todos os informes existentes»; e para isto fan referencia ao Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza en 2004 e ao último informe do Consello Escolar de Galiza. Ademais sinalan que se intenta «extrapolar a Galiza un sistema de validacións como o catalán, cando a realidade da adquisición de competencia lingüística no ensino nun e outro caso é diametralmente oposta». Tamén declaran que aos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas se lles darán uns niveis que non se axustan á realidade, ás correspondencias con outras linguas nin ao Marco europeo.

Por todo isto, solicítanlle a Política Lingüística que se recoñezan as deficiencias na adquisición da competencia en lingua galega no sistema educativo, que se fagan as pilotaxes necesarias, que se debata e se estude a proposta entre todos os sectores implicados para obter unhas equivalencias útiles, apropiadas, xustas, fiábeis e tecnicamente correctas e, en definitiva, que non se perda unha boa oportunidade para a normalización lingüística coa implantación dos novos certificados de lingua galega (Celga).

[Comunicado conxunto do profesorado de galego das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Madrid; Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL); A Mesa pola Normalización Lingüística; Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG)]


Ligazóns relacionadas


Para non perder unha oportunidade cos Celga

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego