20-05-2010Xurxo Souto, premio Leixaprén 2010 de promoción da lingua galega
O músico, escritor e presentador Xurxo Souto recibiu o XI Premio Leixaprén polo seu compromiso co idioma galego. Este premio é outorgado desde o ano 2000 pola Coordinadora de Equipos de Normalización de varios centros educativos da zona de Noia, Rois, Lousame, Dodro, Muros, Porto do Son e Outes
A Asociación Leixaprén, da que forman parte ENDL de centros de ensino de Noia, Rois, Lousame, Dodro, Muros, Porto do Son e Outes outorga anualmente o premio Leixaprén a unha persoa ou entidade que destaque polo que compromiso coa normalización da lingua galega.
Cada ano, da organización do premio e do acto de entrega encárgase un centro, mais a persoa ou entidade galardoada é escollida entre todos os ENDL. Nesta edición de 2010, a décimo primeira, o centro organizador é o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.
O galardoado é o músico, artista e comunicador coruñés
Xurxo Souto, pola súa traxectoria profesional de compromiso coa lingua galega.
As persoas e entidades premiadas durante toda a traxectoria deste premio son:
2010 - Xurxo Souto
2009 - Mar de Lira
2008 - Escola Infantil Raiola
2007 - Editorial Toxosoutos
2006 - Sala Nasa
2005 - Vieiros
2004 - Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística
2003 - Asociación Irimia
2002 - Isaac Díaz Pardo
2001 - Xosé Agrelo
2000 - Manuel María