CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8093 votos
Votar | | | |


26-09-2010

En Narón, do berce á rúa, medrando coa lingua

Do berce á rúa, medra coa lingua
Do berce á rúa, medra coa lingua! Con esta iniciativa queren darlles desde o Concello de Narón os parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena, así como achegarlle algúns argumentos e materiais para axudar no inicio do camiño do uso do galego



O Concello de Narón, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), puxo en marcha a campaña Do berce á rúa, medra coa lingua! para, segundo sinalan, "achegar os nosos parabéns ás persoas que agardan o nacemento dun neno ou dunha nena", xa que "nós -pais, nais, amizades e persoas coidadoras- acompañaremos a súa aprendizaxe do mundo onde vai vivir. Ensinarémoslle as súas primeiras palabras e darémoslle a oportunidade de comunicarse con plenitude".

Deste xeito, desde o sitio web da campaña (www.naron.es/web/do-berce-a-rua), achegan un pequeno léxico trilingüe galego-español-inglés que incorpora as palabras que serán máis importantes para os nenos e as nenas nos primeiros anos, cantigas e xogos e un espazo con recursos para aprender e xogar co bebé.

Dentro da campaña tamén facilitan un medidor para rexistrar o desenvolvemento do neno ou da nena dunha forma orixinal que permite tamén poñer as súas fotos, así como un triángulo para indicar no vehículo que o bebé vai a bordo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego