CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


2396 votos
Votar | | | |


16-12-2010

Agasallo, a guía de propostas de regalos en galego

Agasallo, a guía de propostas de regalos en galego
A CTNL e a Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña acaban de editar Agasallo, unha guía na que se dan propostas de regalos en galego para o tempo de Nadal e da que os SNL da provincia da Coruña distribúen 45.000 exemplares


A Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, xunto coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) editaron Agasallo (www.agasallo.eu), unha guía que inclúe unha selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, aparellos electrónicos, fragrancias, camisolas, cinema, xogos, etc. E, aínda que necesariamente só poden estar algúns dos que son, son todos os que están. Porque todas as ideas que inclúe este catálogo teñen unha cousa en común: a lingua galega.

A personaxe mítica do Nadal galego que lle trae agasallos aos nenos e ás nenas na noite de fin de ano, o Apalpador, fala galego e dispón de todos os agasallos que aparecen nesta guía. Ao Papá Noel e mais aos Reis Magos, que falan todas as linguas do mundo, failles tamén moita ilusión que en cada lugar se fale e apoie a lingua propia e que, polo tanto, apoiemos os produtos e creacións en galego.

Por estas razóns, desde a Deputación da Coruña, desde a CTNL e desde todos os servizos de normalización lingüística (SNL) da provincia da Coruña se quere contribuír a visibilizar a lingua galega e a recomendar os agasallos que a usan, que son moitos, e dos que na guía figuran algúns.

Así, quérese contribuír a difundir socialmente os produtos de agasallo en galego de todo tipo e para todas as idades; a promocionar os produtos culturais e, polo tanto e ao mesmo tempo, a promocionar a nosa música, a literatura, o cinema, etc. Deste xeito procúranse aproveitar as festas do Nadal para promocionar a lingua galega para contribuír a que estea presente na vida social cotiá e no lecer.

Do catálogo Agasallo editáronse 45.000 exemplares, que foron enviados a todos os concellos da provincia e que serán distribuídos principalmente a través dos 46 servizos de normalización lingüística (SNL) que existen nos diversos concellos da Coruña. Tamén está dispoñíbel a través do enderezo web www.agasallo.eu.


Ligazóns relacionadas

Agasallo. Propostas de regalos en galego

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego