CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


1615 votos
Votar | | | |


19-01-2011

Convocatoria de cursos Celga para 2011

Convocatoria de cursos Celga para 2011
Ábrese o prazo para a solicitude de realización de cursos preparatorios en 2011 para a obtención dos Celga, tanto por parte de colectivos como por parte de persoas particulares. A Secretaría Xeral de Política Lingüística non ten en conta, unha vez máis, as propostas de mellora realizada pola CTNL e a convocatoria presenta numerosos problemas


A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG do 19 de xaneiro a Resolución pola que se anuncian 140 cursos de lingua galega (45 menos que en 2010) preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, tanto para particulares (persoas adultas) como para colectivos, no ano 2011.

DESTINATARIOS

- Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas.

- Particulares que desexen participar nalgún dos 58 cursos programados que figuran na convocatoria, e que terán lugar en: A Coruña, Betanzos, Celanova, Culleredo, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Ourense, Pontevedra, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria, Verín, Vigo, Vilalba e Viveiro.


PRAZO PARA O DESENVOLVEMENTO DOS CURSOS

Teñen que finalizar antes do 16 de xuño de 2011.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo remata o 28 de febreiro.


DOCUMENTACIÓN NECESARIA

- Colectivos: anexo de solicitude e listaxe de persoas preinscritas (apelidos, nome e número de documento de identidade).

- Particulares: anexo de solicitude


CONVOCATORIA COMPLETA, ANEXOS E CURSOS PROGRAMADOS

A convocatoria foi publicada no DOG do 19 de xaneiro de 2011 e pode descargarse en formato .pdf aquí >


OUTROS CURSOS CELGA CONVOCADOS NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Ademais destes cursos, a mesma Consellería de Educación convocou á parte, a través das escolas oficiais de idiomas, outros cursos Celga que terán lugar nas EOI de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo.

Para estoutra convocatoria, os prazos de solicitude son os seguintes:
- Para a quenda de cursos de febreiro/marzo: até o 3 de febreiro de 2011
- Para a quenda de cursos de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2011

Info completa sobre estoutra convocatoria aquí >


CONVOCATORIA QUE REPITE OS PROBLEMAS DE ANOS ANTERIORES

A pesar de que xa en outubro de 2009 a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fixo unha proposta para corrixir os numerosos problemas que había na convocatoria dos cursos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fíxolle caso omiso, non corrixiu as eivas e non tivo en conta, un ano máis, as propostas feitas desde a CTNL.

Deste xeito, nos próximos días a CTNL enviaralle á SXPL unha reclamación na que se lle solicitará a modificación desta convocatoria, xa que presenta moitos problemas básicos que terían que ser corrixidos, como por exemplo:
  • Falta de planificación, xa que, por un lado, hai cursos que se deixan á petición de “colectivos”, e por outro organízanse unha serie de cursos de programación directa en concellos que arbitrariamente decide a Secretaría Xeral de Política Lingüística sen unha planificación territorial previa cuns criterios minimanente claros e, nalgúns casos, sen sequera contacto previo con eses concellos.

  • Descoordinación total na programación dos cursos por parte da Consellería de Educación, que nunha mesma semana fai dúas convocatorias distintas de cursos preparatorios para os Celga, en moitos casos nos mesmos lugares, épocas e horarios. Esta dobre convocatoria supón, por un lado a duplicación de procedementos e prazos de inscrición e a dispersión da oferta e da información, e por outro, que haxa cursos preparatorios para uns exames que non teñen en conta as datas deses exames.

  • Desconsideración absoluta dos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos que, na práctica, son quen maioritariamente xestionan e difunden os cursos e a inscrición das persoas participantes. Non hai ningún contacto nin coordinación previa cos SNL e nin sequera se teñen en conta na convocatoria. Os SNL dos concellos teñen que solicitar eses cursos ao mesmo nivel que unha entidade privada que puntualmente quere organizar un curso para os/as seus/súas socios/as ou membros, o que non é xusto, pois os cursos xestionados desde os SNL ofrécenselles á cidadanía en xeral, organízanse desde unha administración pública e procuran ter continuidade ao longo dos anos dentro dunha planificación

  • Falta de garantías na realización dos cursos para colectivos: aínda que un concello ou colectivo abra agora un prazo de preinscrición e se anoten un mínimo de 20 persoas, estas non teñen ningunha garantía de que ese curso finalmente se realice. Xa que logo, non ten sentido que os SNL teñan que previamente programar un curso e inscribir xente para que logo a SXPL lle diga se realmente vai haber ese curso ou non.

  • Inexistencia dun certificado de asistencia aos cursos que recoñeza as horas de formación nas que se participa.

  • Competencia lingüística desigual do alumnado: para participar nun curso dun determinado nivel non é necesario nin facer unha proba de nivel nin acreditar coñecementos ou a obtención de niveis previos, o que provoca que o nivel do alumnado de cada aula sexa moi dispar, coa conseguinte dificultade que isto implica para o eficiente desenvolvemento da docencia.

Ademais, o feito que só haxa unha convocatoria de exames no mes de xuño –e non dúas, como nos anos anteriores, cando había unha en maio e outra en novembro–, provocaralles graves prexuízos a persoas que suspendan nesa convocatoria, xa que terán que agardar un ano enteiro para teren outra oportunidade de obter un certificado de lingua galega, o que pode suporlles problemas en procesos selectivos, concursos de traslados, listaxes de contratación, etc.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego