CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8130 votos
Votar | | | |


03-05-2011

Marful e Berrobambán Teatro actuarán na Festa da Lingua que terá lugar o 7 de maio en Carballo

IV Festa da Lingua. O 7 de maio de 2011 en Carballo
A Deputación da Coruña organiza en Bergantiños a IV Festa da Lingua, unha actividade que cada ano ten lugar nunha comarca e que nesta ocasión terá lugar o sábado 7 de maio, ás 21.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo. Contará coa actuación musical de Marful e teatral de Berrobambán, e será presentada por Yolanda Castaño. O manifesto é de Xurxo Borrazás


O Pazo da Cultura de Carballo acollerá o sábado 7 de maio a cuarta edición da Festa da lingua, un festival que ten o galego como protagonista e no que actuarán o grupo musical Marful, encabezado por Ugia Pedreira, e o teatral Berrobambán, con Paula Carballeira e Chiqui Pereira. A gala será presentada pola comunicadora Yolanda Castaño e conta cun manifesto (A lingua preferida) do escritor carballés Xurxo Borrazás.

Esta festa está organizada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e conta coa colaboración dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas. As edicións anteriores tiveron lugar na Coruña e en Ames.

No transcurso da IV Festa da Lingua será entregado, ademais, o II Premio Rosalía de Castro a iniciativas normalizadoras, convocado pola Deputación da Coruña, e que lle foi outorgado á Mesa pola Normalización Lingüística; e o VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores, organizado polo Concello de Carballo, e que gañou Marcos Abalde Covelo.

A entrada é de balde, pero débese recoller convite

A entrada a esta festa é de balde, mais débese recoller convite nos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos colaboradores ou reservar no teléfono 981 704 304, entre o 2 e o 6 de maio, de 11.00 h a 14.00 h. Cada persoa pode recoller un máximo de 4 entradas. As reservas poderanse recoller no despacho de billetes do Auditorio do Pazo da Cultura o mesmo sábado 7 de 19.30 h a 20.30 h.

Música e palabra nunha festa co galego como protagonista

Nesta IV Festa da lingua actuará Marful, o grupo liderado por Ugia Pedreira que supuxo unha revolución musical nos últimos anos, en canto a arranxos, estética e letras de cancións, e que acaba de editar o seu segundo disco, Manual de sedución.

A actriz e contadora Paula Carballeira e mais o actor Chiqui Pereira, de Berrobambán Teatro, traen á festa Ti dis xouba e eu digo parrocha, un divertimento pseudomusical sobre variantes lingüísticas.

E o escritor Xurxo Borrazás é o autor de A lingua preferida, o manifesto desta IV Festa da Lingua, no que declara que non queremos unha lingua celebrada, que a preferimos falada.

Descarga aquí (.pdf) o programa completo e mais o manifesto A lingua preferida, de Xurxo Borrazás >


Ligazóns relacionadas


Folleto IV Festa da Lingua. 7/5/11 - Carballo

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego