CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8198 votos
Votar | | | |


30-06-2011

O galego campa! Dinamización lingüística nos campamentos de verán

O galego campa! Dinamización lingüística nos campamentos de verán
A Xunta, a través dos seus departamentos de Política Lingüística e Xuventude, puxo en marcha o programa de dinamización lingüística O galego campa!, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento en galego dos campamentos de verán e de animar á rapazada a se expresar na nosa lingua


O programa conta con diversos materiais. O fío condutor da iniciativa constitúeo o disco Desaparafusador de gominola, que inclúe cancións divertidas e orixinais de diversos estilos musicais (funky, folk, rap...), interpretadas por profesionais da música galega de primeira liña, como son Pedro e Pablo Pascual, Guadi Galego, Najla Shami, Benxamín Otero, Ramón Bermejo, Germán Díaz, Quim Fariña, etc.

Propostas lúdicas para favorecer o xogo en galego
Este disco vai acompañado dunha proposta de actividades variadas para realizar nos campamentos, con dinámicas lúdicas que pretenden favorecer o desenvolvemento do xogo en galego por parte dos rapaces e das rapazas asistentes. Estas actividades, que na súa primeira edición teñen como destinatarios principais os nenos e nenas de 9 a 12 anos –aínda que útiles e axeitadas desde os 6 ata os 14– están deseñadas para ampliar as habilidades de comunicación oral en galego, practicar a expresividade neste idioma e fomentar a súa escrita a través de propostas lúdicas.

Cancións e fichas das actividades, accesíbeis na rede
Os materias de O galego campa! están accesíbeis no web da SXPL co fin de que todos os monitores e as monitoras dos numerosos campamentos que se realizan en Galicia durante o verán poidan aproveitar os diversos recursos deste programa de dinamización lingüística. Os temas das cancións que conforman o CD Desaparafusador de gominola e mais as fichas das actividades, coa explicación detallada do seu desenvolvemento, poden descargarse a través do enderezo electrónico http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_campa.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego