29-09-2011Sermos Galiza continúa presentándose e procurando apoios para crear un medio de comunicación en galego
Sermos Galiza, iniciativa que convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego, presentarase nos próximos días en Vigo, Santiago de Compostela, Ourense, Cambados e Ferrol
A iniciativa
Sermos Galiza, continúa presentándose polo país na procura de apoios para a creación dun medio de comunicación en galego.
Os próximas actos de presentación son:
VIGO.- Quinta feira,
29 de outubro, ás 8 da tarde, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa nº 2). Organizada pola Asociación Cultural O Castro.
SANTIAGO DE COMPOSTELA.- Terza feira,
4 de outubro, ás 8 da tarde, no auditorio de Caixanova (Praza de Cervantes). Organizada pola Asociación Cultural O Galo.
OURENSE.- Cuarta feira,
5 de outubro, ás 8 da tarde na Auriense (Praza do Correxidor). Organizada pola Asociación Cultural Auriense.
CAMBADOS.- Cuarta feira,
5 de outubro, ás 8 da tarde en Exposalnés.
FERROL.- Quinta feira,
6 de outubro, ás 8 da tarde no auditorio da Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución s/n – Cantón de Molíns). Organizada pola Asociación Cultural Medulio.
PONTEVEDRA.- Quinta feira,
6 de outubro, ás 8.30 da tarde na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa da Oliva). Organizada pola Asociación Cultural Maio Longo. Coa participación de Manuel Mera, Néstor Rego e Marga Romero.
A MARIÑA.- Sexta feira,
14 de outubro, ás 8.30 da tarde na Casa da Cultura Manuel María, de Foz. Organizada pola Federación Galiza Cultura da Mariña.