CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


7214 votos
Votar | | | |


20-10-2011

Nace Linguazas, web de recursos lingüísticos do Concello de Zas

Nace Linguazas, web de recursos lingüísticos do Concello de Zas
Linguazas naceu como unha ferramenta de uso interno, creada polo SNL do Concello de Zas para dotar de recursos e modelos lingüísticos ao cadro de persoal do Concello. Agora, agás algunhas seccións, está accesíbel para o público en xeral


A través do enderezo electrónico http://www.concellodezas.org/linguazas pódese acceder a Linguazas, unha completa web na que se recollen recursos lingüísticos para galeguizar a vida cotiá.

Linguazas naceu como unha ferramenta de uso interno, creada polo SNL do Concello de Zas para dotar de recursos e modelos lingüísticos ao cadro de persoal do Concello. Agora, agás algunhas seccións, está accesíbel para o público en xeral.

En Linguazas podemos atopar varias seccións:

-Páxina principal: Aquí pódense atopar as últimas novas publicadas no blog do SNL e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

-Ortografía e gramática: nesta sección pódese atopar unha selección de gramáticas de lingua galega e un resumo das cuestións lingüísticas que máis dubidas xeran.

-Dicionarios e vocabularios: nesta sección atopanse accesos directos aos dicionarios on-line máis útiles: o Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGA), o Dicionario Cumio de lingua galega e o dicionario E-Estravíz, este último coas definicións en normativa reintegrada pero que permite realizar buscas na norma ILG-RAG. Tamén podemos acceder a vocabularios técnicos ordenados por materias.

-Recursos: dende aquí accédese a outras páxinas web de recursos lingüísticos, a distintas ferramentas para galeguizar a nosa computadora, a ferramentas para utilizar unha linguaxe non sexista, a distinta lexislación acerca da lingua galega, a lexislación xeral en galego, a distintos recursos para consultar a toponimia oficial en lingua galega e a unha selección de tradutores on-line.

-Ligazóns: dende aquí accederemos as webs do Concello de Zas, de institucións e organismos oficiais, de boletíns oficiais, de institucións e organismos relacionados coa lingua galega, de organizacións e plataformas en defensa da lingua e de institucións relacionadas co tecido asociativo.

-Administración: a esta sección só é posíbel acceder utilizando un usuario e un contrasinal xa que o seu contido está destinado ao uso no ámbito interno do Concello de Zas. Aquí poderemos atopar modelos dos documentos máis habituais ordenados por departamentos, unha recompilación dos criterios lingüísticos recomendados para a redacción en lingua galega, un manual de documentación administrativa, vocabularios específicos relacionados co ámbito xurídico-administrativo e unha compilación da lexislación, tanto local, como autonómica ou estatal, máis utilizada no ámbito local.

-Tecido asociativo: a esta sección só é posíbel acceder utilizando un usuario e un contrasinal. Aquí poderemos atopar información xeral referente ao ámbito asociativo, modelos dos documentos máis utilizados polas asociacións e formularios que habitualmente teñen que utilizar as asociacións para comunicarse coas administracións.

Esta última sección contribúe a cumprir co convenio para o fomento da lingua galega que asinaron o Concello de Zas e a maioría do tecido asociativo do municipio. Mediante este convenio o Concello comprometíase a asesorar en materia lingüística e en fornecer a asociación dos recursos necesarios para esta utilizara a lingua galega nas súas actividades cotiáns, nas actas, convocatorias, ordes do día e demais documentación interna, nas programacións, anuncios das actividades, etc.

As asociacións que asinaron o dito convenio recibiron un contrasinal para acceder a esta área.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego