CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


12130 votos
Votar | | | |


27-10-2011

A CTNL non avala a Rede de Dinamización Lingüística e non acudirá ao acto de constitución

A CTNL non avala a Rede de Dinamización Lingüística e non acudirá ao acto de constitución
A CTNL non acudirá, en sinal de protesta, ao acto de constitución da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, pois a SXPL despreza os SNL e, ademais, suspendeu en 2011 as axudas que se viñan outorgando desde hai 20 anos. Desde a CTNL remitíuselle unha carta á Xunta rexeitando o convite a participar no acto e indicando que “non ten sentido crear unha rede de traballo sen traballadores/as”


A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), a entidade que agrupa os/as técnicos/as de normalización lingüística, non acudirá ao acto de constitución da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, que terá lugar o venres 28 de outubro. Así llo fixo saber o seu presidente, Nel Vidal, ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, mediante unha carta na que se argumentan os motivos polo que non asistirán.

Segundo a CTNL, representantes desta entidade participaron, xunto con técnicos/as da propia Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), nun grupo de traballo que acordou “por unanimidade” as liñas básicas para a constitución desa Rede, mais a SXPL decidiu unilateralmente non respectalas, polo que “esa Rede non conta co aval dos técnicos nin das técnicas de normalización lingüística”.

A REDE DESPREZA O TRABALLO DOS SNL
Ademais, sinalan desde a CTNL, “a Rede despreza os servizos de normalización lingüística (SNL)”, pois “non é necesario que os concellos conten con SNL para formar parte dela” e incluso “hai concellos que, aínda tendo SNL, nomean representantes técnicos/as neste órgano a traballadores/as do concello distintos do/a técnico/a de normalización lingüística, como un auxiliar administrativo ou un técnico de Deportes, como nos consta que ocorre nalgúns casos, desprezando así o traballo dos SNL”. Deste xeito, desde a CTNL pregúntanse “quen vai planificar, xestionar e executar o traballo de dinamización da Rede?”.

SUSPENSIÓN DAS AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA NOS CONCELLOS
Os traballadores e as traballadoras de normalización sinalan tamén que “non ten ningún tipo de sentido, e é totalmente incoherente, que con esta Rede se pretenda, supostamente, apoiar e colaborar coas entidades locais na promoción da lingua, ao mesmo tempo que lles retira a estas as xa moi escasas e precarias axudas que se viñeron convocando desde hai 20 anos”, en referencia á suspensión en 2011 das axudas para o fomento do galego na administración local.

INFORME DA CTNL
Ademais, nun informe que xa data de novembro de 2010, a CTNL acusa á SXPL de “exercer un excesivo control sobre os órganos da Rede, que lle permite tomar as decisión que queira en nome de todos os membros”. Este informe foille remitido á SXPL xa en 2010 e pódese consultar aquí


Ligazóns relacionadas


Carta resposta CTNL convite Xunta acto Rede

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego