CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


13011 votos
Votar | | | |


15-11-2011

A CTNL denuncia a proposta do goberno de Ames de eliminar o seu servizo de normalización lingüística

CTNL
-A proposta do goberno de Ames é «extremadamente grave e irresponsábel».
-«É fundamental que o SNL de Ames siga a desenvolver o seu traballo como ata agora».
-A SXPL da Xunta «debe intervir nesta situación e mudar os criterios da súa Rede de Dinamización Lingüística», da que Ames forma parte, e que permite chegar a estas incoherentes e absurdas situacións



Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coñecemos a proposta do goberno municipal de Ames de eliminar o Servizo de Normalización Lingüística do concello, suprimindo a praza da Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal, proposta que consideramos extremadamente grave e irresponsábel.

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames vén desenvolvendo desde hai anos un labor fundamental no municipio, coa organización de importantes accións que van desde a acollida lingüística e integración da poboación inmigrante ata o desenvolvemento de campañas de fomento do galego no comercio ou a hostalaría, a organización de cursos de lingua para o conxunto da poboación ou o desenvolvemento de múltiples actividades dirixidas á poboación escolar, como obradoiros, concurso, etc., ademais de traballar pola calidade lingüística e comunicativa da institución. En definitiva, moitas e importantes accións para o imprescindíbel labor que unha administración pública debe facer para o fomento do uso e prestixio da lingua galega. Así, non é a única función deste SNL a formación lingüística do funcionariado, como sinala o concello na súa argumentación.

Tamén é falso que o SNL dependa de subvencións, como sinala o propio Concello, xa que é un servizo estrutural inserido no organigrama e cun posto de traballo que forma parte da relación de postos de traballo municipal, aínda que si é certo que a Xunta de Galicia eliminou as subvencións para o mantemento de SNL, algo que desde a CTNL xa denunciamos no seu momento e que tamén fai responsábel á administración autonómica desta grave situación.

Polo tanto, é fundamental que este SNL siga desenvolvendo o seu traballo como ata agora e que o goberno desbote canto antes esa proposta de eliminalo.

A Xunta debe intervir e mudar os criterios da Rede de Dinamización Lingüística
Ademais, desde a CTNL consideramos totalmente incoherente esa decisión de eliminación do SNL coa recente constitución da Rede de Dinamización Lingüística por parte da Xunta de Galicia, Rede que, en teoría, ten a función de coordinar e impulsar o labor dos SNL e na que o Concello de Ames está inserida. Así, que sentido ten, por un lado, inserirse nunha Rede para coordinar coa Xunta e con outros concellos o traballo do SNL e, por outro lado, eliminalo? E que sentido ten crear esa Rede é, ao mesmo tempo, eliminar as axudas para o mantemento dos SNL? Por esta razón, desde a CTNL cremos tamén necesario que desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia teñen que, por un lado, mudar os criterios desa Rede (como vimos propondo desde hai tempo para que non pase o que pode pasar en Ames) e, por outro, evitar que baixo ningún concepto nin o Concello de Ames nin ningún outro elimine o seu servizo de normalización lingüística, polo que debe intervir para solucionar esta situación.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego