CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1436 votos
Votar | | | |


13-12-2011

O noso vende. Concurso de escaparates para fomentar o galego na hostalaría e comercio redondelán

O noso vende. Concurso de esparates para fomentar o galego na hostalaría e comercio redondelán
O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Asociación de Empresarios de Redondela, poñen en marcha dúas campañas de dinamización e normalización lingüística centradas na época de Nadal, orientadas a dous sectores estratéxicos da actividade económica: a hostalaría e o comercio


Continuando coa campaña de normalización lingüística na hostalaría iniciada en 2011, A LINGUA MÁIS SABOROSA, en galego da mañá á noite, o SNL do Concello de Redondela convida novamente aos estabelecementos hostaleiros a utilizar a lingua galega nas súas comunicacións, publicidade, cartas de viños e comidas, e menús ou ofertas especiais de Nadal. E para contribuír a estabelecer ese hábito convócase un CONCURSO DE ESCAPARATES, que pretende facer promoción dos estabelecementos hostaleiros redondeláns e promover o uso da lingua galega no sector.

Para participar neste concurso, os locais deberán preparar unha decoración especial nos seus escaparates que sirva de promoción de produtos tipicamente galegos, onde se recoñeza e identifique a nosa cultura. Con este fin poderán enfeitar as súas vidreiras ou expositores con libros, fotografías, pinturas, instrumentos musicais, produtos alimenticios ou vinícolas, apeiros de labranza ou calquera outro aparello que achegue información etnográfica ou patrimonial do noso país. A inscrición deberá formalizarse a través do enderezo electrónico aer@empresasredondela.com, indicando nome do estabelecemento, nome da persoa responsábel e teléfono de contacto, e especificando no asunto “concurso escaparates hostalaría”. O prazo remata o día 16 de decembro de 2011.

Ademais, iníciase un proxecto de promoción e galeguización do comercio local a través da lingua galega. O NOSO VENDE! é o nome do programa de dinamización que inicia a súa andaina coa convocatoria dun concurso de escaparates nos comercios redondeláns, e que continuará con outras actividades en 2012, para incidir na promoción dos seus produtos a través do uso da nosa lingua.

Na preparación do seu escaparate os comercios participantes deberán incluír algún lema específico para motivar a súa clientela a que merque os seus produtos, e implica que os estabelecementos poñerán a súa publicidade, os rótulos e os prezos, así como os carteis de descontos, ofertas especiais ou bos desexos para as festas, tanto dentro coma fóra do local, en lingua galega. A inscrición deberá formalizarse a través do enderezo electrónico aer@empresasredondela.com, indicando no asunto “Concurso O NOSO VENDE!”, e especificando o nome do establecemento, o nome da persoa responsable e teléfono de contacto. O prazoremata o día 16 de decembro de 2011.

Tanto nunha modadlidade coma na outra, os estabelecementos deberán ter instalada a súa decoración entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro, data na que recibirán o premio, que se dará a coñecer o día 3. Os estabelecementos gañadores serán visitados e fotografados por persoal da Asociación de Empresarios e do Concello de Redondela entre o 19 e o 30 de decembro.

Os premios, para ambas as modalidades, consistirán en 150 € para o primeiro clasificado e mais un paquete de 240 € (20 días) de publicidade en Radio Redondela para o ano 2012. Para o 2º e 3º premios 120 € (15 días) de publicidade en Radio Redondela; e para todos os participantes, 60 € (5 días) de publicidade en Radio Redondela, nas datas da súa elección.

Con estes dous concursos o SNL pretende animar a utilizar a lingua galega como idioma preferente na hostalaría e no comercio, demostrando que é útil e que en galego pódese vender máis e mellor. Ademais, contribuirá a promocionar estes dous ámbitos do sector dos servizos, necesitados de estímulo e impulso.

Para levar adiante esta promoción contarán coa colaboración do SNL que corrixirá, traducirá ou asesorará as súas propostas.

Máis información e bases completas, aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego