CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1670 votos
Votar | | | |


30-12-2011

Pechan 15 servizos de normalización lingüística

Pechan 15 servizos de normalización lingüística
A eliminación das axudas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a irresponsábel tardanza da nova e minguada convocatoria por parte da Deputación da Coruña e da Xunta favorecen o despedimento de 15 técnicos/as de normalización lingüística e o peche doutros tantos servizos


Cumpriuse a peor das previsións, e o ano remata co peche de 15 servizos de normalización lingüística (SNL) de concellos galegos.

Lonxe de cumprir a súa obriga de impulsar os SNL, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, dirixida por Anxo Lorenzo, favorece o peche en 2011 de 15 destes departamentos. A eliminación das axudas e o reiterado incumprimento e mentiras desde o mes de setembro, cando anunciaron que se publicaría unha nova convocatoria “nas próximas semanas” (e pasaron case catro meses), provoca o peche destes servizos para o fomento do galego.

Hoxe mesmo, venres 30 de decembro –segundo datos facilitados polo Centro de Documentación Sociolingüística (CDSG) do Consello da Cultura Galega– pechan os dos concellos de Aranga, Arzúa, Barreiros, Cabana de Bergantiños, Cariño, Cerceda, Malpica de Bergantiños, Mesía, Monfero, Santiso, Vilasantar e Zas, e anteriormente xa pecharon os de Dodro, O Barco de Valdeorras e Quiroga.

Ao grave e irresponsábel incumprimento por parte da Xunta súmaselle o brusco recorte anunciado nas axudas por parte da Deputación da Coruña, que deixará na cuarta parte o seu apoio e que, por enriba, aínda non publicou a convocatoria de novos convenios cos concellos, cando os actuais finalizan mañá, día 31 de decembro.

Con isto o goberno galego demostra unha vez máis a súa intención de desmantelar o proceso de normalización da lingua galega, sumando un novo e gravísimo paso atrás ao xa extenso currículo desgaleguizador da Xunta de Feijóo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística de Anxo Lorenzo e os seus colaboradores e cómplices.

Os servizos de normalización lingüística, departamentos clave para o fomento do galego, desprezados pola Xunta e pola súa Rede de Dinamización Lingüística

Os servizos de normalización lingüística (SNL) son os departamentos que desenvolven o traballo técnico de cara a avanzar no consensuado proceso de normalización da lingua galega. Un traballo necesario, xusto e ilusionante de fomento do galego no nivel de contacto máis directo coa cidadanía. Os SNL contribúen a difundir do xeito máis próximo entre a poboación, por exemplo, as creacións culturais galegas, desenvolven accións de dinamización e fomento da lingua, achéganlle á poboación máis nova alternativas de lecer en galego, difunden e xestionan os cursos de formación en lingua galega, velan pola calidade lingüística e comunicativa das institucións, etc.

A Xunta de Galicia ten a obriga e responsabilidade de impulsar e coordinar estes departamentos no conxunto do país, mais, lonxe disto, primeiro reduciu bruscamente o seu apoio económico, até eliminalo en 2011, e, ao mesmo tempo, constituíu unha propagandística Rede de Dinamización Lingüística que despreza e despraza estes servizos e aos seus traballadores e traballadoras. Isto demóstrase agora, cando pechan 15 nun ano, boa parte deles pertencentes a concellos que forman parte desa Rede, mais que á Xunta non lles son necesarios. Desta maneira, a Xunta faise cómplice dos peches e dos despedimentos, xa que mantén igualmente a eses concellos nesa Rede.

Desde a CTNL preguntámonos que sentido ten, por un lado, unha Rede para, supostamente, coordinar o traballo a prol da lingua e, por outro, favorecer o peche de SNL. Por esta razón, cremos necesario que desde a SXPL da Xunta teñen que, por un lado, mudar os criterios desa Rede, apostando polo apoio real, decidido e cos recursos suficientes aos SNL e, por outro, evitar que baixo ningún concepto ningún concello se vexa obrigado a eliminar o seu servizo de normalización lingüística.

Así, desde a CTNL traballarase desde comezos do novo ano na procura de que esta situación mude e de que se reaccione ante o desmantelamento do proceso de promoción da lingua galega por parte do goberno.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego