CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


7732 votos
Votar | | | |


13-02-2012

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2012 da CTNL

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2012 da CTNL
A Asemblea Xeral da CTNL terá lugar o venres 2 de marzo, ás 17.30 h, no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela


DÍA: venres 2 de marzo de 2012
Hora da primeira convocatoria: 17.00 h
HORA da segunda convocatoria: 17.30 h
LUGAR: Sala circular do Auditorio de Galiza (Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela)

ORDE DO DÍA

1.Lectura e votación da acta da asemblea anterior
2.Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3.Exposición, debate e votación do informe de xestión
4.Exposición, debate e votación do informe de contas
5.Exposición, debate e votación das propostas de acción para o próximo exercicio
6.Elección da Xunta Directiva
7.Rolda aberta de intervencións

Convocatoria completa en .pdf >

Documentación para a Asemblea
A partir do día 23 de febreiro as socias e os socios poderán descargar na área restrinxida do web toda a documentación para a asemblea: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socios/as, informe de xestión, informe de contas e propostas de acción para o próximo exercicio. Esta documentación está dispoñíbel no apartado "O Andel da CTNL > Actas e documentación interna" (para acceder a ela cómpre estar rexistrado no web).

Elección da Xunta Directiva
Segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (martes 28 de febreiro, ás 17.00 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a info@ctnl.org, na que deberán figurar os nomes, apelidos e números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego