CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


CTNL  (17-09-2018)

A competencia das entidades locais en normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística

Servizos de normalización lingüística

As entidades locais galegas teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística mais desenvólvenas de forma dispar. Só as deputacións e medio cento de concellos contan con servizos técnicos para asesorar e guiar a institución na súa política lingüística; e esta escaseza de persoal técnico compleméntase cunha inestabilidade laboral xeneralizada. A CTNL reclama máis implicación das institucións para crearmos unha rede profesional e estable de servizos de normalización lingüística e mellorarmos conxuntamente o labor de promoción do uso e o prestixio da lingua.

Segue
Convocatorias  (27-08-2018)

Convocatoria dunha praza temporal de TNL no Concello de Nigrán

Praza de TNL no Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística . O contrato será de 12 meses e terá un horario semanal de 18,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: até o 4 de setembro.

Segue
Convocatorias  (16-08-2018)

Contratación temporal dun/dunha técnico/a de normalización lingüística nos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas

Bases TNL Castrelo de Miño e Baños de Molgas

O agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia. O sistema de selección será o concurso de méritos e o prazo de inscrición finaliza o 21 de agosto.

Segue
Convocatorias  (27-06-2018)

Praza de técnico/a de normalización en Abegondo: bases xerais e específicas da convocatoria

Concello de Abegondo

O Concello de Abegondo, tras o anuncio da oferta pública de emprego de 2017 e a publicación das bases xerais para a cobertura definitiva de varias prazas, publica hoxe no BOP as bases específicas para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Despois producirase a publicación do anuncio no DOG e no BOE, data esta última que marcará o inicio do prazo de inscrición.

Segue
Lingua  (19-06-2018)

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello das Neves

Ordenanza de NL das Neves

O Concello das Neves acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 7 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 15 de xuño de 2018.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego