CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Portada


Lingua  (15-10-2018)

Só queda un mes para a cuarta edición do LGx15

LGx15 2018

O 15 de novembro, ás 18.00 h, chega á Sala Capitol de Compostela unha nova edición do LGx15. Oito novas intervencións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e propostas para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. E haberá humor e música, claro!

Segue
Formación  (10-10-2018)

A Deputación Provincial da Coruña organiza as xornadas Malas Linguas

Xornadas Malas Linguas

"O galego precisa redefinir a súa folla de ruta para activar falantes no século XXI". Para contribuír a ela, a Deputación da Coruña organiza as xornadas "Malas Linguas: activando falantes no século XXI", unha oportunidade para facer diagnose, analizar a situación actual e, desde aí, trazar, imaxinar e coller folgos para continuar o camiño da normalización lingüística do galego.

Segue
Convocatorias  (10-10-2018)

II Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC

II Premio Luís Porteiro Garea

A Universidade de Santiago de Compostela convoca o II Premio Luís Porteiro Garea, para recoñecer publicamente a persoas ou colectivos que contribuíron á normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen en setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.

Segue
Lingua  (09-10-2018)

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello de Mondariz

Ordenanza de NL de Mondariz

O Concello de Mondariz acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de maio e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 9 de outubro de 2018.

Segue
CTNL  (17-09-2018)

A competencia das entidades locais en normalización lingüística e os servizos de normalización lingüística

Servizos de normalización lingüística

As entidades locais galegas teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística mais desenvólvenas de forma dispar. Só as deputacións e medio cento de concellos contan con servizos técnicos para asesorar e guiar a institución na súa política lingüística; e esta escaseza de persoal técnico compleméntase cunha inestabilidade laboral xeneralizada. A CTNL reclama máis implicación das institucións para crearmos unha rede profesional e estable de servizos de normalización lingüística e mellorarmos conxuntamente o labor de promoción do uso e o prestixio da lingua.

Segue


Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego