CTNL
Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar
correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa as persoas que traballan no ámbito da lingua e da normalización do galego.
Só coa implicación de todas e de todos conseguiremos construír un colectivo forte para traballar polos intereses xerais dos traballadores e das traballadoras de normalización lingüística no noso país, pola formación continua e, en xeral, pola mellora no proceso de fomento da lingua galega en todos os ámbitos da nosa sociedade.
Por iso, a CTNL necesita contar contigo!
Ademais, se te asocias, poderás recibir puntualmente toda a información sobre lingua (cursos, xornadas, convocatorias, novidades, etc.), gozarás de preferencia e de importantes descontos en accións formativas organizadas pola CTNL ou coas que colabora a CTNL, poderás participar nas diferentes actividades que organizamos, poderás facernos chegar as túas propostas, queixas, reclamacións, etc.
Cota anual:
· Convencional: 30 euros ao ano
· Estudantes, bolseiros/as ou persoas desempregadas: 20 euros ano
Para te asociares podes cubrir o seguinte formulario (ou contactar no 629 571 950 ou no enderezo electrónico info@ctnl.gal):