|
Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela
| Actualizar o entusiasmo e activar colaborativamente a implicación dos concellos no fomento do galego son os principais obxectivos do Encontro de política lingüística municipal que terá lugar o luns 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e no que nos gustaría contar contigo
| Os acordos sempre son necesarios. Os impulsos, en moitas ocasións, vitais. E ante a situación da lingua galega, o noso maior e máis prezado ben colectivo e identitario que nos define como galegas e galegos, cómpre tomar iniciativas, con necesario acordo e vital impulso.
Así, é bo actualizarmos entusiasmos, discursos, ferramentas e accións, para o que debemos vérmonos e falar para intercambiarmos e compartirmos impresións, ideas, visións e enfoques. Por iso, este Encontro de Política Lingüística Municipal, un foro para acordarmos ese necesario impulso vital desde os concellos para o futuro da lingua galega.
Información e progama completo en .pdf >
OBXECTIVOS DO ENCONTRO >Actualizar o entusiasmo e o discurso a prol da lingua galega emitido e difundido desde os concellos. >Activar a implicación das administracións locais no proceso de normalización da lingua galega. >Acordarmos e establecermos pautas comúns e mínimos de actuación en materia de normalización do idioma. >Reforzar a colaboración e o traballo en rede a prol da lingua. >Desenvolver e ampliar a participación en proxectos dinamizadores colectivos. DATA Luns 16 de novembro de 2015 LUGAR Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela PARTICIPACIÓN Están convidadas/os a participar neste encontro alcaldesas e alcaldes, concelleiras/os, representantes políticas/os de deputacións ou outras entidades, técnicas/os de normalización lingüística, representantes de entidades implicadas no proceso de normalización da lingua (institucións, asociacións...), etc.
Para poder participar agradecemos a confirmación de asistencia até o 11 de novembro no enderezo electrónico info@ctnl.gal.
PROGRAMA
9.30 h Recepción de participantes
10.00 h PARA UN NOVO IMPULSO NA POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL Intervencións de benvida
>Martiño Noriega Sánchez Alcalde de Santiago de Compostela
>Nel Vidal Barral Presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
10.30 h O PAPEL DOS CONCELLOS PARA O PRESENTE E FUTURO DA LINGUA GALEGA Exposición de ideas e debate
>Xulio Ferreiro Baamonde Alcalde da Coruña
>Carmen Basadre Vázquez Concelleira de Promoción da Lingua de Lugo
>Isabel Vaquero Quintela Concelleira de Normalización Lingüística de Ames
>José López Campos Alcalde da Estrada
>Rafael Cuíña Aparicio Alcalde de Lalín
Conduce o debate: Fernanda Tabarés, xornalista
12.00 h Café conxunto
12.30 h FERRAMENTAS ESTRUTURAIS NECESARIAS PARA A POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL Exposición de propostas para os concellos
>A regulamentación do proceso de normalización lingüística Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo
>Os servizos de normalización lingüística Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística do Concello de Ames
13.15 h PROXECTOS COLABORATIVOS PARA O FOMENTO DO GALEGO Presentación e integración de concellos
>Apego, para a socialización da infancia en galego Socorro García Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago de Compostela
>Proxecto para o fomento de youtubeir@s en galego Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense
>Club de Debate Concepción Cochón, técnica de normalización lingüística do Concello de Pontevedra
ORGANIZAN
>Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) www.ctnl.gal
>Concello de Santiago de Compostela www.santiagodecompostela.gal
| 
|
AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe.
Este correo foi enviado por ctnl.gal
|
|
|