Boletín informativo 22 de Decembro de 2015 Nº: 248
Coñeces Agasallo.eu? É para recomendar e dar ideas de regalos en galego... Difúndeo!
Coñeces www.agasallo.eu? Como ves, é unha plataforma web de propostas de regalos de todo tipo e para todas as idades, coa característica común de que todos son en galego. Axúdasnos a difundila?
Aí hai camisolas, libros, música, café, calcetíns, vermú, axendas, cuncas, carteiras, conservas... Vaia!, un pouco de todo.

Esta é unha idea da CTNL feita co obxectivo de incentivar e recomendar que o galego tamén se teña en conta á hora de regalar.

Agasallo.eu compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego! ;-)

Cando unha persoa quere facer un regalo pode acceder aquí e buscar ideas e propostas, que pode consultar por tipo, idade da persoa á que vai destinado, prezo, etc., e atopar información completa sobre o produto e onde mercalo.

Agasallo.eu non é unha tenda en liña. É unha plataforma sen ánimo de lucro que dá ideas e propostas e indica ou leva a onde se poden adquirir, mais non se venden directamente a través desta plataforma.

Se xa a coñeces e cres que pode ser interesante, animamos a difundir Agasallo.eu desde os SNL, ENDL, asociacións, etc., e tamén a compartila e recomendala nas redes sociais.

Ah! E Agasallo.eu tamén está en Facebook e Twitter!

E, ADEMAIS... CREACIÓN DE CATÁLOGOS DISTRIBUÍBLES
Probasches a funcionalidade de crear catálogos de recomendacións de agasallos en galego que hai no web de Agasallo.eu? Proba, xa verás! Nuns minutiños poderás facer o teu catálogo de recomendacións perfectamente maquetado listo para enviar ou imprimir! Proba aquí.

AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe. Este correo foi enviado por ctnl.gal