Da primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que tivo lugar o 10 de febreiro de 1996, cúmprense hoxe vinte anos... Vinte anos de ideas, proxectos, cursos, propostas, encontros, denuncias, ilusións, xuntanzas, campañas... Vinte anos impulsando o traballo en lingua.
E, por iso, aquí vai un pequeno vídeo-resumo conmemorativo:
E, CLARO, QUEREMOS CELEBRAR CONTIGO ESTE TEMPO DE TRABALLO EN LINGUA, E QUEREMOS FACELO DE DÚAS MANEIRAS...
...con MÚSICA E FESTA, nunha SESIÓN VERMÚ coa Punkestra Chumeiras
-Día: sábado 20 de febreiro. -Lugar: Restaurante A Nave de Vidán. Santiago de Compostela. -Hora: a partir das 13.00 h.
...cun XANTAR DE 20 ANIVERSARIO
-Día: sábado 20 de febreiro. -Lugar: Restaurante A Nave de Vidán. Santiago de Compostela. -Hora: 14.30 h. -Menú: lacoada (lacón, chourizos, patacas, grelos, viño tinto e outras bebidas, queixo e rosca de sobremesa e café de pota). -Prezo: 20 euros. -Confirmación: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 16 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.gal ou no teléfono 629 571 950.
AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe.
Este correo foi enviado por ctnl.gal