CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística


Durante o mes de novembro de 2013, con dúas sesións presenciais (12 e 21 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña

Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüísticaListaxe de admisión (.pdf) >

Convocatoria completa en .pdf aquí >

E ISTO, PARA QUE?
Cres que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois nós non!, mais a imaxe é tamén moi importante para transmitir e a comunicación audiovisual é fundamental para a normalización da lingua, para transmitir mensaxes a prol do galego, para difundir accións e actividades de cara ao incremento do uso e prestixio do noso idioma.
E, de maneira moi sinxela, desde os servizos de normalización lingüística, desde equipos de normalización ou desde asociacións, pódense facer vídeos básicos con esa finalidade, pensados sobre todo para difundir a través da rede, e sen máis necesidades ca unha pequena cámara ou incluso un teléfono móbil.
Por este motivo, para aproveitar este potencial e para podermos crear vídeos básicos con moi poucos medios para campañas, anunciar actividades, difundir mensaxes a prol do galego, etc., desde a CTNL organizamos este obradoiro.

CON QUE OBXECTIVOS SE FAI?
-Aprender a crear e difundir vídeos básicos para campañas, anunciar actividades, difundir mensaxes a prol do galego, etc.
-Ser quen de seleccionar a mensaxe segundo a finalidade, destinatarios/as, medios, etc., e planificar a preparación e o lanzamento desa mensaxe a través de vídeo.
-Aprender técnicas de gravado de vídeo con aparellos básicos (cámara de fotos, cámara de vídeo, teléfono móbil, etc.).
-Aprender a manexar a edición de vídeo dixital con algún programa básico.

COMO VAI SER? COMO IMOS TRABALLAR?
O obradoiro será moi práctico e combinará dúas sesións presenciais e catro sesións en liña con titorización. Cada alumno/a deberá desenvolver no curso un proxecto propio, no que, cos coñecementos que se vaian traballando, deberá planificar, gravar, editar e publicar un vídeo breve.
As dúas sesións presenciais terán lugar en Santiago de Compostela, e as sesións en liña desenvolveranse a través dunha plataforma de aprendizaxe nos días e horas programados, que será cando o profesorado estará dispoñíbel. Se algún participante non pode estar nese momento nalgunha das sesións, podería acceder co seu contrasinal en calquera outro momento e ler as conversas que houbo durante a sesión, descargar os materiais, etc.

QUEN NOS VAI GUIAR NO TRABALLO?
Roi Guitián e María Lobo, de Vacalume (http://vacalumegalego.wordpress.com).
Roi é realizador, director e guionista de múltiples proxectos audiovisuais, e María é xornalista, editora e realizadora de televisión. Tanto ela como el son formadores/as audiovisuais.

CALENDARIO
-Prazo de solicitude de participación: Desde o 23/10/2013 até o 29/10/2013, a través do formulario habilitado ao final desta información
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 30/10/2013 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: 6/11/2013
-1.ª Sesión (en liña). Sesión introdutoria: Xoves 7 de novembro. De 17.00 h a 18.30 h
-2.ª Sesión (presencial). Planificación da mensaxe e gravación de audio e vídeo: Martes 12 de novembro. Santiago de Compostela. De 17.00 h a 21.00 h
-3.ª Sesión (en liña). Acompañamento ao proxecto audiovisual: Xoves 14 de novembro. De 17.00 h a 19.00 h
-4.ª Sesión (presencial). Edición e como compartir vídeos na rede: Xoves 21 de novembro. Santiago de Compostela. De 17.00 h a 21.00 h
-5.ª Sesión (en liña). Difusión e redes socias, recursos en Internet para a edición e dereitos de autoría: Martes 26 de novembro. De 17.00 h a 19.30 h
-Avaliación (en liña). Visionado, avaliación e comentario dos proxectos realizados polo alumnado: Para acordar

CANTO DURA?
16 horas (8 presenciais, repartidas en 2 sesións de 4 horas, e 8 en liña, en varias sesións).

A QUEN VAI DIRIXIDO?
-Traballadores/as de normalización lingüística de administracións, empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización.
-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino.
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua desde asociacións, colectivos, etc.
Para o bo funcionamento do obradoiro, poderán participar un máximo de 15 persoas.

QUE NECESITO PARA PARTICIPAR?
Ademais de ganas e interese, para a participación no obradoiro debes contar cun ordenador portátil e con algún aparello básico de gravación de vídeo (teléfono móbil, cámara de fotos con vídeo, cámara de vídeo, etc.).

CANTO CUSTA?
-Para socias/os da CTNL: 25 euros
-Para estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 40 euros
-Para non socias/os da CTNL: 75 euros

E COMO FAGO PARA ME INSCRIBIR?
A través do formulario habilitado para o efecto ao final desta información, do 23/10/2013 até o 29/10/2013.
Dado que o número de prazas está limitado a 15, terán preferencia os/as socios/as da CTNL e, despois, respectarase a orde de inscrición.
Non se pode pagar a matrícula até que non se publique a listaxe de admisión. As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula até o 6/11/13 na conta da CTNL en NovaGaliciaBanco número 2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Obradoiro vídeos”.
Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no obradoiro, debe comunicalo por teléfono ou correo-e o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

Que, anímaste?

ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN
-Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

+info: info@ctnl.org | 629 571 950

Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística (.pdf)


Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego