CTNL
Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar
correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash
Listaxe de persoas admitidas, en .pdf
PRESENTACIÓN
No traballo cotián ás veces debemos elaborar nós mesmos/as, sen axuda dun departamento gráfico, pequenos carteis ou folletos para anunciar actividades, difundir ideas, etc.
Con este obradoiro, aprenderemos a manexar programas de software libre e en liña que nos axudarán nesta tarefa, co fin de conseguirmos crear de maneira sinxela materiais básicos cun mínimo de calidade para difundir as nosas actividades e mensaxes a prol da lingua.
OBXECTIVOS XERAIS
- Aprender a manexar programas sinxelos de deseño e maquetación, principalmente de folletos e carteis
- Crear materiais básicos para a difusión de accións de normalización lingüística e de mensaxes a prol da lingua
METODOLOXÍA
Será un obradoiro práctico onde empregaremos programas de software libre: Inkscape, Gimp e Scribus. Tamén haberá un achegamento a programas en liña como Canva e Pixlr.
Ao remate das sesións presenciais, deberemos desenvolver na casa un proxecto gráfico a modo de resumo do aprendido durante o obradoiro.
DOCENTE
Ruth Caramés Blanco, licenciada en Bioloxía e postgrao en Enxeñería Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela e técnica de Deseño Gráfico.
Na actualidade é socia de Fabaloba, Sociedade Cooperativa Galega, onde desenvolve todo tipo de proxectos de deseño gráfico e ilustración. O libro ilustrado O neno e a estrela, a imaxe da campaña Gústame o galego, do portal de recursos en galego Alí ou da programación cultural do proxecto Apego do Concello de Santiago de Compostela son algúns dos seus últimos traballos.
CALENDARIO
-Prazo de solicitude de participación: desde o 26/09/2017 até o 15/10/2017, a través do formulario habilitado ao final desta información
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 16/10/2017
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 17/10/2017 até o 23/10/2017
-Desenvolvemento do obradoiro: 26 de outubro (de 9.30 a 13.30 h) e 27 de outubro (de 9.30 a 13.30 h e de 16 a 20 h), ademais dunha sesión a distancia posterior.
DURACIÓN TOTAL
16 horas (12 presenciais e 4 a distancia)
LUGAR DAS SESIÓNS PRESENCIAIS
Na Aula de Informática de Docencia da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, Avda. de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)
DESTINATARIOS/AS
-Traballadores/as de normalización lingüística de administracións, empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización.
-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino.
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua desde asociacións, colectivos etc.
Límite de prazas: 18-22
PREZO
-Para socias/os da CTNL: 25 euros
-Para estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 40 euros
-Para non socias/os da CTNL: 75 euros
INSCRICIÓNS
A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 26/09/2017 até o 15/10/2017. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.
Dado que o número de prazas é limitado, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.
Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.
As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Obradoiro deseño”.
Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.
ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN
-Departamento de Filoloxía Galega, Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
+info: info@ctnl.gal | 629 571 950
NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO